Actividades Escalada, Actividades Espeleoloxía, Actividades FGM, Actividades Montañismo e Sendeirismo, Marcha nórdica, Notas Informativas

COMUNICADO IMPORTANTE

De novo nos asomamos a esta fiestra para, en primeiro lugar, expresar o noso desexo de que nos atopemos todos ben, así como as nosas persoas máis achegadas. Parece que as medidas que se foron tomando por parte do goberno e as autoridades sanitarias van dando os seus froitos e hoxe temos algúns motivos máis para que o optimismo comece xa a formar parte das nosas vidas e cada mañá nos sexa máis doado ver un horizonte de luz. Agora as medidas que nos ofrecen, e que vos pedimos cumpramos todos con rigor polo ben propio e da sociedade, camiñan lentamente cara a liberdade e o esparexemento.

Dende a FGM nos fan un comunicado que queremos facervos chegar a todos para a súa observación e cumprimento. A medida que se avance nas fases que nos teñen determinadas e se sucedan estes comunicados vos iremos informando.


Unha recomendación que vos trasladamos é a de levar con nós a licenza federativa si, apoiándonos no punto 4 do Artigo 2 desta Orden, nos afastamos máis dun quilómetro do noso domicilio  para correr ou simplemente camiñar.



Regresar a la lista