Actividades Montañismo e Sendeirismo

Comarca Vaqueira, Asturias (6 a 9 de decembro)

 

Durante os días da ponte de decembro imos gozar das fermosas paisaxes da Comarca Vaqueira en Asturias.

O xoves 6 de decembro, xa de camiño, pararemos nas Pontes de García Rodríguez e faremos un percorrido pola Fraga de Lostegal.

Durante esos días coñeceremos as «Hoces del Esva» considerado Patrimonio Natural e, tamén, percorreremos un anaco do camiño primitivo entre Tineo e Pola de Allende.


E para rematar a actividade, o domingo 9, pasearemos un sendeiro en Cabo de Busto pasando polo seu faro e admirando os seus acantilados para logo comer en Luarca antes de partir cara a Vigo.

Lembrade que nesta actividade temos un límite de 40 prazas.

Saímos día 6 ás 7,00h dende a  praza España.

Lembrade levar a mochila de ataque preparada.
Os de albergue tamén saco.

Máis información na circular deste mes ou chamando ao club