Actividades Sociais-Culturais, Notas Informativas

CHARLA SOBRE REXENERACIÓN DOS MONTES

Deixamos a continuación un resumo do tratado na charla- reunión do pasado venres, xunto co noso agradecemento a Iago Cristóbal, socio do club que abriu a charla cunha proxección, e a Gregorio, Indalecio, Carlos e Alberto, representantes das Comunidades de Montes de Valadares, Matamá, Budiño e Vincios, respectivamante, que participaron no debate posterior, aportando datos e opinións que nos serviron para coñecer moito mellor a grave situación actual tras os recentes incendios. Moitas grazas a todos, e reiteramos a disposición do noso club para botar unha man nos labores de recuperación do terreo.

Estes, entre outros, foron os datos aportados: ENLACE




Damos as grazas a Cantares do Brión por esta fermosa gravación:
“Lumes Nunca Máis”  VER VIDEO


Así como tamén a seguinte noticia: ENLACE