Campamento Verán

Charla sobre o campamento de verán: Gavarnie (Venres 5)

 Este venres, ás 20:30 horas xuntarémonos no local social do club para mostrarvos un avance do programa de actividades de montaña que imos desenvolver neses días nos PIRENEOS (2- 11 Agosto).  Faremos unha vídeo- proxección, comentaremos outros datos de interés e aproveitaremos para aclarar dúbidas que  os socios teñan.
 
Lembrade que ao remate da charla, abriremos de novo a cantina. Todo o recadado é para «o bote do Nepal».  
 
Se algún de vós quere colaborar aportando algo «feito na casa» para ofrecer na cantina ese serán, por favor, avisádenos antes do xoves. Graciñas.
 
¡¡¡¡VÉMONOS O VENRES!!!!