Sección de Medioambiente

Charla e xornada sobre as Especies Exóticas Invasoras (17 e 18 de Setembro)

Como xa sabedes, a intención neste mes é levar a cabo unha xornada de retirada dalgunha das especies invasoras que ameazan os nosos ecosistemas.

Cando unha especie exótica entra nun ecosistema novo e se convirte nunha invasora pode acarear grandes danos para o lugar. Dende desprazar a especies autóctonas, provocando ao fin a perda de biodiversidade, ata xerar riscos para a saúde ocasionando perdas económicas. Algúns exemplos xa foron descritos no artigo anterior “Un ecosistema biodiverso é un ecosistema san: a problemática das especies exóticas invasoras”. Aí descríbese o caso particular do visón americano (Neovison vison) frente ó europeo (Mustela lutreola). Como dato a engadir gustaríame mencionar que xa no 2013 os datos publicados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aseguraban que en España só quedan 500 exemplares adultos de visón europeo fronte os 30.000 exemplares de visón americano1. Outro caso menos coñecido é o do caranguexo de río vermello americano (Procambarus clarkii) protagonista da portada desta entrada, que foi introducido en España nos anos 70 con fins comerciais e en poucas décadas xa se atopaba distribuído por toda a península poñendo en jaque ás poboacións do caranguexo autóctono (Austropotamobius pallipes) pola introducción dunha peste perigosa para a especie autóctona (a chamada afanomicosis)2,3.

En España, según o catálogo de Especies Exóticas Invasoras, temos 193 especies alóctonas de fungos, algas, mamíferos, aves, crustáceos e flora entre outros4. Como cidadáns se nos convida a dar a voz de alarma se nos atopamos con algunha destas especies que non estea recollida no catálogo poñéndonos en contacto coa autoridade ambiental competente na comunidade autónoma ou directamente ao Ministerio para la Transición Ecolóxica e o reto demográfico. A priori é unha boa iniciativa. O que pasa é que a meirande parte de nós non sabemos diferenciar as especies autóctonas das alóctonas, onde eu mesma me inclúo, polo que se fai necesario poñer máis esforzos en educación ambiental neste eido a fin de conservar os nosos ecosistemas.

Deixo aquí unha noticia que me sorprendeu. Quitando o sensacionalismo que teñen os medios, eu confío na intención deste señor que viu vivir moi preto do Courel e decidiu crear un pequeno oasis de vida autóctona na súa parcela.

Dende o club, estamos moi concienciados coa temática e decidimos poñer o noso gran de area colaborando na erradicación do Eucalipto na nosa contorna. Non é a primeira vez que o facemos e desta volta vos convidamos a que o próximo sábado día 18 de Setembro as 09:00h, vos animedes a podar restos de eucaliptos xa cortados que están rebrotando nos montes da Serra do Galiñeiro en colaboración coa Comunidade de Montes de Vincios.

Será preciso que o que poda leve unha macheta, xa que non temos para todos. O transporte esta vez farase de xeito individual, e tamén vos animo a que levedes xantar e material de escalada para os que se queiran quedar a facer unhas vías se o tempo o permite! Xose Viana, vogal de escalada do club, estará con nós ? Aínda que lembrade que para escalar é necesario ter seguro deportivo vixente ese día.

A efectos de quorum é preciso chamar ao club antes do xoves para anotarvos (telf. 986420551), aí se vos dará máis información do punto de encontro. A actividade é gratuíta, os únicos que se lucran son os montes.

Ademáis, para os que esteades interesados, o venres 17 ás 20:00h estará no noso local social José María Sánchez Fernández, investigador da UVIGO do departamente de Bioloxía vexetal e Ciencias do solo, para facernos unha pequena presentación e contestar a tódalas dúbidas que se nos poidan ocurrir. Aproveitade a ocasión porque non sempre se pode dispoñer dun experto que se ofreza a transmitir os seus coñecementos!

Referencias bibliográficas

1Estrategia de gestión, control y erradicación del Visón Americano (Neovison vison) en España. 2013. Dispoñible en https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/grupos-de-trabajo-y-seminarios/red-parques-nacionales/Estrategia%20de%20Control%20y%20Erradicaci%C3%B3n%20del%20Vis%C3%B3n%20Americano_tcm30-169146.pdf

2Acevedo-Limón, L.; Oficialdegui, F. J.; Sánchez, M. I. and Clavero, M. (2020) Historical, human and environmental drivers of genetic diversity in the red swamp crayfish (Procambarus clarkia) invading the Iberian Peninsula. Freshwater biology 65, 8 https://doi.org/10.1111/fwb.13513

3Panteleit et al. (2018) Hidden sites in the distribution of the crayfish plague pathogen Aphanomyces astaci in Eastern Europe: Relicts of genetic groups from older outbreaks? Invertebrate pathology 157 https://doi.org/10.1016/j.jip.2018.05.006

4Catálogo de Especies Exóticas Invasoras de España. Dispoñible en

https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce-eei-catalogo.aspx