Sin categoría

Charla: «Como actuar nun monte queimado» (Venres 3, 20:30h)

Sodes moitos os que estades interesados en botar unha man na recuperación dos nosos montes e o primeiro, queremos darvos as grazas polo voso ofrecemento. A lista vai medrando.
Postos en contacto con algunhas Comumidades de Montes vimos interesante  facer unha charla informativa no club para ver mellor como se debe actuar e facer o traballo de xeito correcto e produtivo.
Contamos tamén co noso socio, e bo coñecedor deste tema, Iago Cristóbal, que fará unha introdución antes de establecer un debate no que participarán persoas vinculadas a algunhas dás Comunidades de Montes.
Contamos coa vosa presenza, mañá venres ás 20,30h,  e implicación durante a charla:



¡CONTAMOS CON TODOS VOS!