O CLUB PEÑA TREVINCA NOVO VIGUÉS DISTINGUIDO

Hai xa uns meses que o Concello de Vigo outorgou este galardón ao noso club pero, como tantas cousas este ano, o acto de entrega foise demorando no medio da incertidume xa habitual que vén transformado o noso día a día do ano 2020.

O pasado sábado 3 de outubro nun acto marcado, como non, polo protocolo do Covid 19, celebrouse no Auditorio Mar de Vigo este evento previsto nun principio para o mes de marzo.

Un acto no que, como dixo no inicio a presentadora do mesmo, “faltarán os apretóns, os bicos e o darnos man, faltarán os familiares e amigos que noutras circunstancias encherían o auditorio. Pero a cidade non falta á cita coas persoas e colectivos que, traballando altruistamente e de forma desinteresada, merecen este recoñecemento”. E entre estes colectivos estaba, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia.

Tan só puidemos asistir cinco persoas, entre as que se atopaba Olga Abad Valverde, con xa 71 anos de socia na nosa entidade. Con ela quixemos que estiveran representados todos os socios de Peña Trevinca pois Olga, filla dun dos fundadores, é uns dos exemplos máis destacables de fidelidade a este club.

Este emotivo acto viu pechar, casualmente, os actos de celebración do 75º Aniversario, xunto coa exposición finalizada no pasado mes de agosto.

Dende a Xunta Directiva actual FELICITÁMOSVOS a todos: aos socios, tanto aos que o son dende 1944 como aos máis recentes, aos exdirectivos e expresidentes, e ás familias de Antonio e Pepe Villaverde, Natalio Abad e Gonzalo Gurrriarán que tanto seguen aportando a este club. A esa lista interminable de persoas que levaron nalgún intre, e levan, o recordo máis amable do club no seu corazón, homes e mulleres, iniciadoras deste deporte naqueles tempos e continuadoras imprescindibles na nosa entidade, NORABOA E MOITAS FELICIDADES por este nomeamento.

Para min foi unha satisfacción e orgullo moi grande recibilo no nome de todos vós.

Agradecementos tamén para as persoas responsables desta nominación e ao Alcalde de Vigo Abel Caballero.

O Presidente, Carlos Garrido Costas.


EXPOSICIÓN 75 ANOS COA MONTAÑA

Onte, luns día 20, tivo lugar a inauguración da exposición que levaba varios meses preparada agardando o mellor momento tras ser suspendida no mes de marzo por razóns xa obvias para todos. Y esas razóns nos obrigaron tamén a ter que facelo en número moi reducido de asistentes e da forma máis simple posible.


Estes condicionantes non restan valor a este acto, máis ben todo o contrario, e estamos moi contentos e orgullosos de que asistiran ao mesmo os fillos e fillas de socios fundadores do club como Ola Abad, Alicia e Pilar Villaverde e Ricardo Gurriarán, acompañados polos expresidentes X. Lois Freixeiro, Rogelio Otero, Alberto Canle, e Pedro Outón.

Algúns membros da actual directiva e colaboradores da montaxe estiveron tamén presentes neste acto inaugural ao que asistiron por parte do Concello de Vigo o concelleiro da área de Cultura Abel Losada e de Deportes Manel Fernández, a quenes expresamos, tamén dende aquí, o noso agradecemento e o de todos os socios.



Agora réstanos  convidarvos a todos a que pasedes a facer unha fermosa “travesía” por estes 75 anos de Historia que foron recollidos, se non do mellor xeito posible, si coas mellores ganas e intención de facelo ben. 
Non é nada doado describir un camiño tan longo de feitos importantes, sentimentos, anécdotas e circunstancias relevantes das que en bastantes casos apenas existe máis que a transmisión oral que algúns dos protagonistas nos foron narrando nos últimos anos.

Temos todos ata o 23 de agosto para “apuntarnos” a facer esta viaxe polas páxinas do club e aproveitar esta oportunidade de coñecer as nosas raíces e os nomes dos homes e mulleres que souberon dar contido a esta sociedade deportiva de xeito altruísta e nos trouxeron ata aquí.

BANDEIRA VIAXEIRA #10

Pechamos este ano coa última entrada xa da Bandeira Viaxeira. 

Rematamos este reto de fotografías coa experiencia de Cristina Fernandez Gonzalez y Alejandro Martínez Schonemann. 

Cristina viña de estar 47 días de travesía nun buque de investigación oceanográfico, tras cruzar o océano Atlántico de norte a sur chegou ao fin do mundo!! … e aquí nos comeza a narrar o seu encontro con Alex que lle estaba a esperar en Punta Arenas:

«Ao desembarcar eu en Punta Arenas (Chile), Alex veume buscar e fumos xuntos a recorrelo circuito coñecido como «W» no parque nacional de Torres del Paine. 

Base Torres: 950m. As torres elévanse ata os 2500m, só son accesibles escalando
Una gran experiencia na que, durante 4 días, recorrimos unha media de 19 km diarios salvando desniveis de entre 600 e 1000 metros cada día (quizá algún día chegamos de verdade a escalar as Torres…)

Adxunto unha foto da ruta, nos fixemos entre o km 70 e o 130, marcado a partir la liña vermella.

Circuito W: Torres del Paine
Ao rematar cruzamos a fronteira pra achegarnos a Argentina e camiñar por riba do Perito Moreno, top 3 dos glaciares máis grandes do mundo e o único que non se está desxeando! Transcorre durante 30 km pola montaña e elévase case 70m sobre o lago»

Cris e Alex camiñando no Perito Moreno
Glaciar Grey

Mirador Británico «Los Cuernos»

¡Noraboa rapaces!

Poñemos fin ao #Reto da bandeira#. Para o próximo ano poderemos ver una exposición con todas as nosas fotos.

… e non nos aburridos de darvos as gracias por chegar tan lonxe como o fixemos neste ano 2019 sendo o aniversario dos 75 anos do clube.

¡Moitísimas gracias!


BANDEIRA VIAXEIRA #9

Seguimos con outra quenda de fotos deste reto que está por rematar xa…

Parece ser que Juan Carlos Herbello está a recoller España enteira coa bandeira viaxeira. 
Por iso imos amosarvos algunhas das moitas fotos que temos de él no Curavacas 2.520m., Pico Murcia 2.352m. e Espigüete 2.450m. Tamén por Pirineos; Pico Anayet 2.575m., Pico Arnales 3.002m., Pico Balaitus o Moro 3.146m. ou tamén pico Bisaurin 2.670m. Depois visitou a Cornisa Cantábrica para ascender o Pico Infierno 2.537m., o Peña Prieta 2.540m. ou o Pico Tres Provincias 2.496m. Segíu por Ancares facendo o Pico Mustallar 1.935m., o Cuiña 1.992m. ou o Penalonga 1.870m. entre moitos outros….

Juan Carlos Herbello no Curavacas 2.520m.

Fermosas vistas dende o vértice del Pic Anayet 2.559m.

Juan Carlos Herbello no Pico Tres Provincias 2.496m.

Juan Carlos Herbello no Pico Mustallar 1.935m.
Juan Carlos Herbello no Pico Formigueiros 1.643m.


Estamos abraiados por todo o esforzo que supón e a ilusión que nos fai recibir tantas fotos ¡moitas gracias!

Outra socia que nos levou ven lonxe, foi Cristina Fernandez. Neste caso foi as profundidades mariñas do océano Atlántico. Na foto podedes ver que está situada a unha profundidade de 3.077m.

Cristina Fernandez facendo un cumio submarino

Ela nos relata que foi o máis prominente que se puido atopar no seu longo traxecto polo océano atlántico.

Cristina Fernandez no medio do Océano Atlántico

¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira viaxeira!


#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 

A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.


LEMBRANZAS DO PASADO: Venres ás 20.30h.


Lembrade que celebrarase no local social este venres e consistirá nunha mesa redonda aberta á participación na que varios socios, que xa levan no club máis de 50 anos e que aínda están en activo, contarannos como foi a súa chegada a Trevinca e como eran daquela as actividades que o club ofertaba aos seus socios, comentando a diferenza que eles notan coas actividades nas que hoxe participan, medio século despois. Contamos nesta mesa redonda coa participación dos socios: Antonio Graña, Manuel Pérez Blanco, Pedro Outón, Vera Iglesias e Rosa Ferreiro.



Animádevos a participar nesta mesa redonda, onde escoitaredes por boca dos seus protagonistas anécdotas e historias que hoxe nos parecerán incribles.



Peña Trevinca chega hoxe aos 75 anos grazas ao traballo desinteresado de moitas persoas que, antes ca nós, levaron as rendas do Club.

¡AGARDÁMOSVOS!

NA PRENSA: CAMIÑANDO POLOS ALPES – MANU CÓRDOVA

Deixámosvos un resumo da prensa de hoxe sobre a charla – proxección que tivemos o gusto de escoitar onte no Club Faro. Este foi un dos moitos actos que estamos celebrando este ano polo 75º aniversario do club.

Con esta proxección fíxonos vibrar e trasladarnos a ese mundo vertical que tanto nos gusta e admiramos. ¡Moitas grazas Manu e a todos os que nos acompañastedes na proxección!

RESUMO: ASCENSIÓN CONMEMORATIVA A PEÑA TREVINCA (12-13 de Outubro 19)

Saímos esta pasada fin de semana dende Vigo 97 persoas para xuntarnos con algo máis de 30 socios do club Trevinca Barco para ascender o macizo de Trevinca a festexar, como non podía ser doutra maneira, o 75º aniversario do noso club na cima que lle dá nome.

Saída dende o refuxio de Fonte da Cova

Xuntas todas as seccións do club, pequenos e maiores acompañados do club Peña Trevinca Barco, tomamos os cumes da zona. Os rapaces fixeron cumio no Pena Survia 2.116m, participando algunha cativa de tan só 5 anos. Por outro lado, o grupo de adultos e xuvenís camiñaron ata chegar á cota  2.127m, coroando Pena Trevinca; neste caso a persoa máis veterana tiña 72 anos.

Grupo no cumio en Trevinca 2.127m.

Rapaces  no cumio no Pena Surbia 2.116m.

Pasamos a noite no pavillón do Barco de Valdeorras. Ao día seguinte houbo unha marcha ata a hora do xantar. 

Ruta do domingo por Correxais

Despois de cambiarnos e refrescarnos fomos directos ao acto de confraternidade, co gallo do 75º aniversario.

O encontro de 179 persoas foi toda unha homenaxe á fundación do club, coa proxección de vídeos dos dous clubs que, aínda que agora sexan distintos, dende o comezo están unidos pola mesma raíz. 

Na pantalla Ricardo Guiarrián o fillo do primeiro presidente de Trevinca Gonzalo Gurriarán


O acto rematou coa entrega de diferentes recoñecementos e agasallos…

Os infantís tras uns agasallos
Homenaxeados
Carlos Garrido entregando a Miguel de la Cal un agasallo conmemorativo
Queremos agradecer a participación de todos vós, grandes e cativos. Este foi un acto moi esperado que celebramos cun rotundo éxito. Sempre será unha data que lembraremos por anos e anos…


Grazas por asistir a estes actos tan importantes que fan que o club se reafirme en que, aínda que ten 75 anos, é moi novo e ¡ten moito que darnos a todos!



Fotografías: Diversos socios do clube e «Somos Comarca»

INFO: ACTIVIDADES PEÑA TREVINCA 12 e 13 DE OUTUBRO

IMPORTANTE A TER EN CONTA

  • Por razóns de ter que  axustar os tempos da actividade vémonos obrigados a adiantar a hora de saída, polo tanto os autobuses sairán  ás 7h desde Praza de EspañaRogamos máxima puntualidade. Debemos estar todos 15 minutos antes.
  •  O grupo da sección infantil-xuvenil dirixirvos xa ao autobús máis pequeno.
  •  Traer a mochila xa preparada para camiñar. Iremos directos a Fonte da Cova, onde comeza a ruta, sen paradas. Nesa mochila se traerá o necesario para a ruta, xunto coa comida.
  • Varios grupos: Un grupo camiñará ata o Pena Survia (Trevinca Norte 2.116m) volvendo a Fonte da Cova. E outro chegará a Pena Trevinca Sur (2.127m) volvendo tamén ao punto de inicio. Non se contempla a opción de chegar ata A Ponte ou vivaquear.
  • Atención á equipaxe pois os dous autobuses irán cheos.  Unha mochila para camiñar e outra co resto necesario é suficiente. Por favor, pensar que iremos case todos con saco e esterilla.
  • cea do sábado será libre. O pavillón está no mesmo centro de O Barco de Valdeorras.
  • Para durmir no pavillón de O Barco é necesario saco, esterilla e sempre un frontal. Haberá duchas con auga quente.
  • almorzo do domingo, ás 9h, será para todos no mesmo pavillón. Nos subministrarán zumes, leite, cafés, colacao e “bollería”. Si levades os vosos utensilios utilizaremos menos plástico, e así produciremos menos lixo.
  • A ruta do domingo pode ser de 14 ou 8 km, a elixir,  tras a cal celebraremos un xantar de confraternidade, ao que estamos apuntados todos cos amigos do club Trevinca Barco.

A xunta directiva agradece a vosa participación nesta actividade deportiva e conmemorativa, e vos anticipa as GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E AXUDA.


CHARLA – PROXECCIÓN: MANU CORDOVA

CAMIÑANDO POLOS ALPES
 Mércores día 16 ás 20h.
Club Faro: Auditorio da rúa Areal
O noso excelente convidado é Manu Córdova, un dos grandes referentes do montañismo nacional nos últimos anos. 


Na actualidade é  presidente do GAME (Grupo de Alta Montaña Español) e membro do equipo español de Alpinismo, tamén é membro  do equipo español de escalada en Xeo. Ten no seu haber  escaladas en grandes cascadas de xeo nos  Pireneos, Alpes, USA e Canadá. 
Manu Córdova (Zaragoza, 1986) é premio o Alpinismo Europeo 2011pola primeira ascensión en libre da vía “No siesta” nas Grandes Jorasses (Francia), sexto na Copa do Mundo de Escalada en Xeo 2011, premio de Alpinismo Europeo 2010 e premio de Escalada en Xeo no 2009.  

Con esta proxección faranos vibrar e trasladaranos a ese mundo vertical que tanto nos gusta e admiramos. 

En 40 minutos intentará desvelar todas as reviravoltas destas ascensións: adestramento, planificación e loxística, para acabar cun coloquio onde poderemos debater sobre os asuntos de maior actualidade. 


¡¡Non a perdas e ven cos teus amigos!!

ASCENSIÓN CONMEMORATIVA A PENA TREVINCA

 A saída será os días 12 e 13 deste mes
Esta actividade farémola xuntándonos coa raíz orixe do noso club: Trevinca Barco. Por eso ímonos reunir cos amigos do Club Peña Trevinca Barco para este acto deportivo e de irmandade co que traeremos áactualidade a memoria e o espírito asociacionista orixinario.

Os nosos amigos do Barco ofrécennos un fermoso percorrido pola zonarematando cun xantar o domingo para celebrar este encontro.


A lista xa estará aberta ata o día 8 de outubro


¡Apuntádevos xa que contamos con todos vós!