CELEBRACIÓN DAS ASEMBLEAS

 

O pasado día 26 de marzo celebramos as Asembleas Ordinaria e Extraordinaria segundo as convocatorias que vos enviamos. Desta volta o auditorio dos PP Capuchinos veu resolvernos, dadas as circunstancias covid, o problema do aforo e debemos estar satisfeitos pola asistencia, pois preto de corenta persoas acudiron ao mesmo a escoitar e opinar sobre a situación económica e deportiva do club.

Respecto ao contido da Asemblea Ordinaria quizais o dato máis importante que comunicamos foi que a situación económica segue sendo boa xa que, a pesar de non ter feito moitas actividades deportivas tampouco se subvencionaron estas e subvencionamos dous cursos da EGAM, ademais, a ausencia de actos sociais no club aforrounos os gastos de índole doméstica. Mantivémonos así nun punto de equilibrio entre ingresos por cotas sociais e gastos xerais.

No transcurso desta asemblea a vogal de Medio Ambiente Cristina Glz. fixo unha breve presentación da súa vogalía e amosounos as novidades que podedes ollar máis adiante.

Xa na Asemblea Extraordinaria, celebrada a continuación, aprobouse con todos os votos a favor e tan só unha abstención, o traspaso de promotor do GR94 ata o de agora en mans do club, á Asociación de Amigos do GR94 constituída polo expresidente Alberto Canle.


Momento da firma do Gr-94: Alberto Canle e Carlos Garrido

Este sendeiro de 126 km entre Vigo e Santiago foi deseñado e homologado cando o Club Peña Trevinca estaba presidido por Alberto Canle (1991-2005) e foi destino de moitas actividades do club ata o ano 2016. Agora mesmo precisa algunhas modificacións, que xa foron expostas por el hai tres meses a membros da nosa directiva e da propia FGM. Coa sinatura da acta de traspaso agardamos unha nova etapa de actualización e reactivación do mesmo, grazas ao labor de mantemento e difusión a través desta asociación promovida e creada por Alberto.



Xunta Directiva e socios co seu voto así o refrendaron. Agradecemos esta iniciativa e damos as grazas especialmente a Alberto por este intento de revitalizar o sendeiro. 

Ver enlace: http://amigosdosendeirogr94.es/


Moitísimas grazas dende a Xunta Directiva, a vosa resposta foi moi satisfactoria para nós.

ASEMBLEA TREVINCA


A Xunta Directiva convoca a todos os socios a unha Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria a celebrar no auditiorio dos Pais Capuchinos, rúa Vazquez Varela nº 15 en Vigo, o vindeiro día 26 de marzo, ás 19,45h. en primeira convocatoria, e ás 20,15h. en segunda convocatoria.

Unha vez remate a Asemblea Ordinaria seguiremos coa Asemblea Extraordinaria.

Presentaremos as contas e orzamentos para o 2021. Dende aquí vos queremos animar a que acudades á mesma e fagades un esforzo, dada a situación actual, para que poidamos ofrecervos o estado económico e deportivo do club.

LOTERÍA DE NADAL

Xa podedes pasar polo noso local social e mercar as participacións do número 41532 co que, un ano máis, tentaremos á sorte….

Lembrade que a fortuna pode visitarnos cando menos o esperamos…

¡¡¡NON AGARDEDES A ÚLTIMA HORA!!!

Vacacións da Federación Galega de Montañismo

Informamos que, como ven sendo habitual nestas datas de verán, a Federación Galega de Montañismo permanecerá pechada do día 1 ao 31 de agosto.
Dende a FGM nos comunican que en caso de accidente neste periodo deberemos chamar ao teléfono de Adartia 91/7819545 e preguntar por Míriam ou Jorge Orué para facer o parte de accidente.
Aproveitamos tamén a ocasión para lembrarvos que o club estará pechado até o vindeiro 1 de setembro.
QUE PASEDES UN SAUDABLE E FELIZ VERÁN!!

XLVI MARCHA INTERPROVINCIAL S.D. TORRELAVEGA

Estupenda fin de semana a que pasamos cos amigos da S.D de Torrelavega e doutros clubs en Picos de Europa participando, unha vez máis, na Interprovincial.
Deixámosvos unha fotos como mostra desta nova edición que, dada a situación actual, foi de participación máis minguada en deportistas pero non por elo perdeu interese e resultou moi ben, coma sempre. Do noso club acudimos 15 sendo por iso un dos grupos máis numerosos.
MOITAS GRAZAS AOS DA DEPOR.

CONTINUACIÓN DO CAMIÑO DOS FAROS

RUTA DOS FAROS: FISTERRA-CEE
7 de xullo de 2019

A lista de inscrición abrirase o martes 25 de xuño, e imos pechala o mércores 3 de xullo.


O Camiño dos Faros, a aventura de longo percorrido que nos ocupou no verán dos pasados tres anos, deixounos os pés cheos de area, as pernas feridas dos toxos, os ombreiros queimados polo sol e a cabeza chea de infinitos atardeceres. O Camiño dos Faros deixounos un salgado sabor na boca, mestura de percebe e longueirón, de abrupto cantil e tendida praia.
Despois da cea na súa etapa final, no setembro pasado, naquel furancho de Castromiñán, foron centos de socios os que se acercaron ata a mesa da directiva, implorando, case que chorando, pedindo que non pararan as cantigas, que non se acabara o licor café”, que non parara a andaina, que continuaramos a marcha cara ao Pindo, cara ao “Olimpo Celta” e máis alá.
Pois ben, o club nunca defrauda aos seus fieis socios, e nesta fin de semana comezamos a segunda parte ou continuación do Camiño dos Faros. Este novo camiño aínda está a coller forma e será o que vós queirades. Existen varios roteiros que seguen esa dirección cara ao sur dende a fin do mundo. Un dos que está a coller certa relevancia é o coñecido coma A Senda das Estrelas, o que vén sendo o Camiño a Fisterra dende Santiago na súa alternativa máis meridional, pasando por terras de Noia e Muros.
Arrancamos este novo periplo co percorrido entre Fisterra e Cee, no fondo da ría de Corcubión. A ruta atravesa terreos moitas veces “periurbanos”, pero sempre cheos de encanto e historia. A marcha comezará no porto de Fisterra, para percorrer logo o eterno areal de Langosteira, e despois a enseada de Sardiñeiro, ata a praia e aldea de Estorde.
Logo, en atrevido deseño, onde os folletos e guías de viaxe parece que perderon algunha folla, percorreremos a península do Alto da Vela e Monte Quenxe, todo o pegados á costa que poidamos, por riba das furnas, calas e puntas que debuxan este singular recuncho: Punta de Estorde, os cabos Louzán, Nasa, e Cee, ata a Punta Cabalo. No final desde circuíto espéranos a fortaleza defensiva do Castelo do Cardeal, sentinela pétrea da ría de Corcubión.
No final da marcha volve a tranquilidade, as aldeas e as sendas costeiras, xa preto de Quenxe, a vila de Corcubión e no final Cee, pobo que abraza a súa praia coma se fose un anfiteatro no fondo da ría.
Coma sempre teredes máis información chamando ao club.

Comezaremos unha nova aventura. Non a perdas!!

Serra Amarela Sky Marathon: Nosos socios

Francisco Rodríguez Silva (Kiko) primeiro na proba Serra Amarela Sky Marathon
O noso socio Francisco Rodíguez Silva, máis coñecido como Kiko,natural da Guardaparticipou o 16 de xuño na proba Serra Amarela Sky Marathon representando o noso club Peña Trevinca



Quedou primeiro na categoría de veteranos maiores de 50 anos, cun tempo de 7 horas e 13 minutos. Trátase dunha proba dura, sobre unha distancia de 48 quilómetros, con 2.800 metros de desnivel positivo e 5.600 metros de desnivel acumulado. 



Unha proba con saída e chegada no lugar de Entre Ambos os Ríos, en Portugal. Percorrido que transcorre polo Parque Nacional de Peneda Gerês, único parque nacional de Portugal.
¡¡¡Noraboa Kiko!!!

Produccion ARA SALVAJE


FILM DE AVENTURA DE MTB EN EL ÚLTIMO GRAN RÍO SALVAJE


“Desde ese momento quedará ligado a sus aguas, sus montañas, su historia y sus gentes”


Unos amigos de un club de Sobrarbe trabajaron en la producción de una fantástica película llamada «Ara Salvaje». Ellos nos invitan y agradecen la difusión de este evento.

La película estará en A Coruña y Vigo. Cuenta la historia de un ciclista argentino y su encuentro con el último gran río salvaje del Pirineo:

Cabalgando entre documental y ficción, “Ara Salvaje” es la primera producción cinematográfica en 4K de MTB hecha en España. Una historia íntima que celebra la vida mirando al pasado, al presente y al futuro de un territorio del Pirineo.
Desde aquí os animamos a que no la perdáis y a ir acompañados. En A Coruña el jueves 13 de junio y en Vigo el jueves 20 de junio.
(Solo os serán cargadas en el momento de confirmación del evento)