ASEMBLEA E CEA

Queremos deixar constancia do noso agradecento pola vosa asistencia a estes dous actos da pasada fin de semana. 

Moi concurrida a Asemblea, tras a cal celebramos o sorteo entre os participantes da «Bandeira Viaxeira», de tres premios por sendos vales de compra por valor de 100€. Estes recaeron nos socios Alexandre Martínez, Xian Seoage e Manolo Riveiro. ¡Noraboa aos tres!


Logo, o sábado, celebramos a Cea Homenaxe ao Socio, tamén cunha boa representación, e na cal puidemos agasallar aos nosos socios que cumpren 25 e 50 anos neste 2020 no seo do club. ¡Felecidades a todos! 


Á mesma tamén acudiron o Concelleiro de deportes Manel Fernández e o Alcalde de Vigo Abel caballero.



Moitas grazas a todos os  que participástedes nestes dous actos dende a Xunta Directiva.



SORTEO BANDEIRA VIAXEIRA

Durante todo o ano 2019 estivemos paseando a nosa bandeira viaxeira…. ¡abofé que si!



A idea inicial era que todos xuntos conquistáramos os teitos máis significativos o longo de España; pero acabamos percorrendo todo o mundo. Dende Suecia ata Chile, pasando por Indonesia, Perú para quedarnos un bo tempo por Italia, Sahara, Francia … Estos e tamén moitos cumios emblématicos dentro do territorio nacional.

Queremos agradecer a todos os socios que participastes neste reto, e por elo, faremos un sorteo de material con todos os participantes.

Precisamos que revisedes que todos os que xa enviastedes unha foto no ano 2019, estades nesta lista, xa que non queremos esquecernos de ninguén.

Este sorteo se celebrará tras rematar a Asamblea Ordinaria do día 6 de marzo


BANDEIRA VIAXEIRA #10

Pechamos este ano coa última entrada xa da Bandeira Viaxeira. 

Rematamos este reto de fotografías coa experiencia de Cristina Fernandez Gonzalez y Alejandro Martínez Schonemann. 

Cristina viña de estar 47 días de travesía nun buque de investigación oceanográfico, tras cruzar o océano Atlántico de norte a sur chegou ao fin do mundo!! … e aquí nos comeza a narrar o seu encontro con Alex que lle estaba a esperar en Punta Arenas:

«Ao desembarcar eu en Punta Arenas (Chile), Alex veume buscar e fumos xuntos a recorrelo circuito coñecido como «W» no parque nacional de Torres del Paine. 

Base Torres: 950m. As torres elévanse ata os 2500m, só son accesibles escalando
Una gran experiencia na que, durante 4 días, recorrimos unha media de 19 km diarios salvando desniveis de entre 600 e 1000 metros cada día (quizá algún día chegamos de verdade a escalar as Torres…)

Adxunto unha foto da ruta, nos fixemos entre o km 70 e o 130, marcado a partir la liña vermella.

Circuito W: Torres del Paine
Ao rematar cruzamos a fronteira pra achegarnos a Argentina e camiñar por riba do Perito Moreno, top 3 dos glaciares máis grandes do mundo e o único que non se está desxeando! Transcorre durante 30 km pola montaña e elévase case 70m sobre o lago»

Cris e Alex camiñando no Perito Moreno
Glaciar Grey

Mirador Británico «Los Cuernos»

¡Noraboa rapaces!

Poñemos fin ao #Reto da bandeira#. Para o próximo ano poderemos ver una exposición con todas as nosas fotos.

… e non nos aburridos de darvos as gracias por chegar tan lonxe como o fixemos neste ano 2019 sendo o aniversario dos 75 anos do clube.

¡Moitísimas gracias!


BANDEIRA VIAXEIRA #9

Seguimos con outra quenda de fotos deste reto que está por rematar xa…

Parece ser que Juan Carlos Herbello está a recoller España enteira coa bandeira viaxeira. 
Por iso imos amosarvos algunhas das moitas fotos que temos de él no Curavacas 2.520m., Pico Murcia 2.352m. e Espigüete 2.450m. Tamén por Pirineos; Pico Anayet 2.575m., Pico Arnales 3.002m., Pico Balaitus o Moro 3.146m. ou tamén pico Bisaurin 2.670m. Depois visitou a Cornisa Cantábrica para ascender o Pico Infierno 2.537m., o Peña Prieta 2.540m. ou o Pico Tres Provincias 2.496m. Segíu por Ancares facendo o Pico Mustallar 1.935m., o Cuiña 1.992m. ou o Penalonga 1.870m. entre moitos outros….

Juan Carlos Herbello no Curavacas 2.520m.

Fermosas vistas dende o vértice del Pic Anayet 2.559m.

Juan Carlos Herbello no Pico Tres Provincias 2.496m.

Juan Carlos Herbello no Pico Mustallar 1.935m.
Juan Carlos Herbello no Pico Formigueiros 1.643m.


Estamos abraiados por todo o esforzo que supón e a ilusión que nos fai recibir tantas fotos ¡moitas gracias!

Outra socia que nos levou ven lonxe, foi Cristina Fernandez. Neste caso foi as profundidades mariñas do océano Atlántico. Na foto podedes ver que está situada a unha profundidade de 3.077m.

Cristina Fernandez facendo un cumio submarino

Ela nos relata que foi o máis prominente que se puido atopar no seu longo traxecto polo océano atlántico.

Cristina Fernandez no medio do Océano Atlántico

¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira viaxeira!


#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 

A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.


BANDEIRA VIAXEIRA #8

Seguimos con outra quenda de fotos….

Alfredo Fernandez e o seu fillo Xian no Peña Rubia 1.821m. nos Ancares
Neste caso na cima dos Tres Obispos 1.798m.
Angeles Alonso y Manolo Riveiro no Cinseiro 1.608m. na Serra da Gamoneda (O Padornelo)
Manolo imparable para chegar o millón de metros na Laxa dos Números na Serra do Suído
Juan Carlos Herbello no Pico Arnales Sur 2.994m. (Valle del Tena) 



Juan Carlos Herbello nos Ibones de Pondiellos 2.735m. (Valle del Tena)


Juan Carlos Herbello no Ibon de Chelao 2.406m. (Valle del Tena)

¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira viaxeira!


#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 

A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.

BANDEIRA VIAXEIRA #7

Os nosos socios parece que seguen de vacacións así que traémosvos outra quenda de fotos….

No cumio no Aneto 3.404m. os socios Javier Sanz, Daniel Miles e Juan Vale 
Eva Torres no Machu Picchu
Mirador dos volcáns ou Parapampa en Perú

Isabel Gonzalez no cumio do Torre Cerredo 2.650m.

Manolo Riveiro en Cabeza de la Yegüa 2.142m. nos montes Alquilianos
Javier Sanz no teito de Navarra na Mesa de los Tres Reyes 2.444m.
Manolo Riveiro no Montouto 1.541m. 
Manolo Riveiro na línea do trópico de cáncer no Sáhara Occidental


¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira viaxeira!


#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 

A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.

BANDEIRA VIAXEIRA #6

Aquí traémosvos algunhas fotos dos nosos socios que aproveitaron as vacacións de verán para viaxar polo mundo adiante ca nosa bandeira. ¡¡Cantos países!!


Xian Seoage e Andrea Fernandez facendo cumio no Volcán Ijen 2.386m. en Indonesia  
Javier Sanz na Duna Pilat 115m. en Francia

Cristina Fernandez na cima Skuleskogen a 280m. no National Park en Suecia


Eva Torres na Laguna Querococha a 3.980m. en Perú


¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira viaxeira!


#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 

A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.

RESUMO DA FINDE EN PICOS

Este finde tocounos a todos disfrutar por Picos de Europa. Os primeiros foron alguns membros da nosa Sección Xuvenil que acadaron a cume do Peña Vieja (2619m) no Macizo Central…A NOSA NORABOA A TODOS.



Logo chegamos os adultos a participar na Marcha Interprovincial co Sociedad Deportiva de Torrelavega que reuniu a 20 clubs no Valle de Valdeón.

A meteoroloxía non axudou nada na xornada do sábado, totalmente pasada por auga. Pero o domingo xa gozamos dun día moi bo que, cando menos, xa poidemos camiñar disfrutando da marabilla de Picos.



A nosa noraboa á organización polo seu empeño, como sempre, de ofrecernos unha gran actividade nesta XLV MARCHA INTERPROVINCIAL, na cal, o noso club resultou homenaxeado por ter participado en todas as edicións.



Seguiremos acudindo a esta gran cita….FELICIDADES A TODOS OS QUE TEDES PARTICIPADO DURANTE ESTES ANOS. 


BANDEIRA VIAXEIRA #5

Nesta ocasión o cumio acadado foi o emblemático Naranjo de Bulnes ou o ben chamado «Picu Urriellu» cos seus 2.519m. 


Este cumio poderíase dicir que é un dos máis inaccesibles de todo o macizo de Picos de Europa; e de seguro das cimas máis simbólicas da escalada clásica de toda España. 

Os socios Mario Cuervo e Cristina Conde xunto co non socio Jose Juan Domínguez acadaron ata tres veces a cima! 

José Juan Domínguez, Mario Cuervo e Cristina Conde. 
O único modo de acceder o seu cumio é escalando polas súas icónicas vías de escalada de autoprotección.  Na primeira ocasión ascenderon pola vía «Cepeda» situada na cara Este. 
O segundo día treparon pola vía «Schulze» situada na cara Norte da parede.

Cristina Conde e Mario Cuervo.

E o derradeiro día ascenderon pola vía «Directa de los Martinez» que atópase na súa cara Sur. 

Mario Cuervo e Cristina Conde.


¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira  viaxeira!

#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 
Cumio do Picu Urriellu 2.519m.
A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.

RETO: BANDEIRA VIAXEIRA #4


Xa temos novos socios cumprindo os retos deste ano coa Bandeira Viaxeira:


O pasado día 12, os socios Juan Carlos Herbello e Carlos Carrera, fixeron unha escapada de cinco días para aproveitar o bo tempo e ascender a algúns dos cumes máis significativos dos Pireneos.

Directamente de Vigo chegaron o domingo para durmir no refuxio de Góriz, e así ascender o luns ao Monte Perdido 3.348m. con moi bo tempo no que o forte vento só afectou nos metros finais.




O mércores, xa facendo base no camping Aneto de Benasque, foi a aproximación dende a ponte de Espigantosa ao refuxio Ángel Orús e ascensión ao pico Posets 3.369m. nunha longa xornada na que a neve xa bastante branda e abundante a partir dos 2.300m. dificultou bastante o ascenso.

E o xoves foi a subida polo val de Lliterola ata o pico Perdiguero 3.219m., novamente con moita neve branda, e co tempo xusto antes das novas nevaradas que ian caer esa mesma noite.


Foron cinco días para gozar da impresionante paisaxe da primavera nos Pireneos, cos seus cumios e lagos aínda nevados mentres nos vales abunda a auga e as fragas mostran as súas mellores galas de primavera.


¡Noraboa e gracias por compartir con todos nos!