Semana do 28 de novembro ao 2 de decembro. Programa de actos 25N organizado pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller de Vigo

Lembramos as actividades que terán lugar na semana do 28 de novembro ao 2 de decembro, no marco do PROGRAMA DE ACTOS POLO 25NDía Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que organizamos desde a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller de Vigo.

 


.- Martes, 29 de novembro, ás 20:00 h. Proxección das curtas con coloquio posterior coa directora e director:

» Miente « de Isabel De Ocampo. 2018. 15 minutos

» 16 de decembro» de Álvaro Gago. 2019. 14 minutos

 

Lugar: Salón de actos do museo MARCO (Rúa do Príncipe)

Entrada libre ata completar a capacidade do local

 

.- Mércores 30 de novembro e xoves, 1 de decembro .Xornadas formativas 25N Vigo «Libres e feministas contra as violencias machistas»

. Relatorio «Lei Orgánica 10/2022 de garantía integral da liberdade sexual». NATALIA TEJERA BEAMUD

. Mesa redonda «Programas municipais de prevención e atención da violencia de xénero dirixidos á infancia e á mocidade». MAR SOTO GARCÍA e CELIA CAMESELLE TABOADA

. Relatorio «Violencias machistas e os bulos nos medios de comunicación». ANA ISABEL BERNAL TRIVIÑO

. Relatorio «Detección da violencia de xénero na atención primaria de saúde». ROSANA IZQUIERDO FERNÁNDEZ

Mesa redonda « Por que son necesarias políticas abolicionistas da prostitución? A ética feminista fronte á cultura da violación«. ROSA COBO BEDÍA e AMELIA TIGANUS

Xornadas presenciais. Inscrición previa. A inscrición ás xornadas deberá realizarse cubrindo o formulario que se adxunta (está en formato editable) e envialo a xornadas.igualdade@vigo.org

Lugar Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.

 

.- Venres, 2 de decembro, ás 20:00 h. Actuación musical «A banda da loba»

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei s/n.

Entrada libre ata completar a capacidade do local

Mais información na nosa web www.igualdadevigo.org e facebook «IgualdadeVigo»

 

En arquivos adxuntos podedes descargar o programa completo de todos os actos e tamén o programa específico das xornadas formativas que terán lugar o día 30 de novembro e 1 de decembro e necesitan inscrición previa. A inscrición ás xornadas deberá realizarse cubrindo o formulario (está en formato editable) e envialo a xornadas.igualdade@vigo.org

 

Agradecemos a difusión desta información entre os vosos contactos e amizades.

Enlace ao Díptico Xornadas 

PARA ESTES DÍAS

O equipo da película, para axudarnos a pasar o tempo durante a cuarentena, liberaron esta film para súa visualización gratuita ata o 15 de abril.


Este film narra as escaladas de Mathieu Maynadier, Nicolás Favresse, Jean Luis Wertz e Carlos Molina nun remoto val de Pakistán.

Tamén recomendamos o seguinte film sobre a historia geoloxica dos Pirineos – Monte Perdido.

AURORAS BOREALES EN NORUEGA

Colaborador do noso club como membro de xurado en algúns concursos fotográficos e tamén  en charlas-proxeccións, xunto ao seu amigo Rafael Estévez, Juan Carlos Mata nos achega unhas fermosas fotografías de auroras boreales que realizou en outubro do pasado ano.



Así mesmo ofrécenos algúns datos e consellos por se alguén tivera interese en acudir á zona.

Moitísimas grazas Juán por compartir desinteresadamente este traballo cos socios do Club Peña Trevinca e polas continuas colaboracións con nós.


Aquí vos deixamos os detalles dá viaxe:
El viaje se realizó entre el 22 de Octubre de 2019 (llegada a la ciudad de Tromsø), hasta el día 27, salida de Tromsø.
Salimos las 5 noches a intentar ver auroras, pero solamente el sábado 26 estuvo el cielo despejado y pude hacer estas fotografías.

Las circunstancias óptimas  para ver auroras son:
  • Que la noche esté despejada o con pocas nubes, muy pocas.
  • Que la luna brille poco o que no haya luna, es decir luna en cuarto menguante o en luna nueva.
  • Que la aurora tenga un índice de actividad de kp mayor de 2, con 2 se ven pero son poco intensas, lo mejor, 4 o más.

Como se ve con estos datos, no es fácil observarlas, nosotros tuvimos la suerte de poder hacerlo  el sábado día 26, de lo contrario no veríamos nada a pesar de estar 5 noches en Noruega.

El índice kp, es la actividad del sol, que hace que las auroras sean más o menos visibles y activas, es decir que se muevan mucho.

A continuación dejo algunos  enlaces interesantes.

Las mejores  fechas para ver auroras son (según la página www.norway-lights.com) :
– Enero, Febrero, Marzo, Abril.
– Septiembre, Octubre, Noviembre, Diciembre.
Los mejores en principio, Marzo y Octubre. 
El problema es que en Enero, Febrero, y Marzo, es invierno, con temperaturas  muy bajas pudiendo en ese caso tener muchos problemas con la nieve.


Premio ao fomento da iniciación deportiva 2018

Onte asistimos á celebración da 27ª Gala do Deporte Universitario  que se celebrou no auditorio do Concello de Vigo. Das mans do noso alcalde, Abel Caballero, recibimos un premio que hoxe  sentímonos orgullosos de compartir con todos vós e no que  vai representado o esforzo que sempre estamos dispostos a facer para fomentar a iniciación ao deporte.
 
O alcalde Abel Caballero entregando o premio ao noso presidente, Carlos Garrido
 
 
 
 
 
 
 
 
Ao longo do acto fóronse entregando premios a diversos deportistas que destacan no eido do atletismo, loita, esgrima, vela, natación, taekwondo, bádminton, judo e voleibol. Houbo tamén recoñecementos para aqueles que despuntaron en competicións universitarias nacionais e internacionais, así coma outros galardóns que se entregaron á  comunidade universitaria e  a outras agrupacións.
 
 
O presentador, Carlos Blanco co padriño do acto, Eduardo Vieira
O rector, Manuel Reigosa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Moitísimas GRAZAS á Comunidade Universitaria de Vigo por este premio cheo de simbolismo para nós e NORABOA polo bo facer no acto de onte.

 
   

 LER ARTIGO COMPLETO

Foto familiar dos premiados

VIDEO DA XXVII GALA DO DEPORTE DA UNIVERSIDADE DE VIGO 2018

(Ver nos minutos: 1:01:00)

II Trail Orixes de Mondariz

Celebrouse o pasado domingo 11 de novembro a segunda edición desta proba que ofrece tres distancias diferentes: Maratón, Trail e Minitrail, todas elas recorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz.
 
Dous dos nosos socios, Lois Faro Fortes e Francisco Rodríguez Silva «Kiko»  participaron na que definiron como «a dura proba» de Maratón (46 quilómetros), representando ao Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia. Os dous remataron cun tempo de 6 horas, 41 minutos. Kiko acadou o segundo posto na súa categoría VET-B o que o fixo subir ao podio.
 
PARABÉNS  Kiko!!!
PARABÉNS  Faro!!!




Os participantes nun avituallamento
Lois con mallas negras e Kiko con pantalón curto




Kiko no podio.
Fotografía:megustamipueblo
 

 

Os trevincos que atoparon «o Monte Perdido»…

…Foron os nosos socios Inés Olmedo, José Manuel González, Diego Mario Olmedo e Augusto Vilas.
Onte, pisando as primeiras neves caídas no Pireneo, conseguiron facer cume no emblemático Monte Perdido, nunha ascensión con base no histórico refuxio de Góriz.
 
FELICITACIÓNS!!!
 
De esquerda a dereita: Augusto, José Manuel e Diego Mario no cume
 
Primeiro plano de Inés, José Manuel e ao lonxe Augusto, durante a baixada

 

Estela e Araceli suben, unha vez máis, ao podio

O pasado sábado celebrouse en Ourense a II Proba da Copa Galega de Clubes de Escalada en Bloque 2018 na que participaron as nosas socias Estela Miles e Araceli Vale.
Dende aquí  queremos amosar o  noso recoñecemento por todo o esforzo e o traballo que están a realizar as “nosas raíñas da escalada”: Estela e Araceli, que nesta ocasión foron quen de acadar  o primeiro e segundo posto respectivamente na categoría feminina Sub18, despois dunhas probas moi reñidas nas que estiveron a maior parte do tempo empatadas.
 
Estela, nesa mesma xornada, volveu a pisar o podio coma Campiona Galega de Escalada en Bloque 2018, grazas á media resultante entre a posición  acadada na proba que se celebrou hai uns meses en Lugo e a conseguida en Ourense.
OS NOSOS PARABÉNS ÁS DÚAS!!!

No centro Estela, á súa esquerda Araceli.
Foto: Asesou

 

En primeiro plano, Estela (pantalón curto) e Araceli (camiseta azul) analizando o percorrido
Foto: Asesou

 

Unha Mágoa….

Co peche do Albergue de Ancares pasan á historia as páxinas e vivencias que moitos montañeiros galegos viviron, e vivimos, nas frías e húmidas paredes deste refuxio.
Tivo etapas -entre os setenta e os oitenta- de grande afluencia, cando ir a Ancares era verdadeiramente unha aventura. Dispuxo durante moito tempo dunha “Habitación dos Montañeiros” máis fría ca unha neveira, as ultimas transformacións foron ampliando a súa capacidade e comodidade e, a pesar de que certos problemas nunca se arranxaron, sempre foi moi querido entre o noso colectivo.
 
A nosa sección máis veterana pernoctou nel por última vez hai agora xusto un ano, e as Seccións Infantil-Xuvenil  fixéronno o pasado mes de decembro. Foron estas as derradeiras ocasións que puidemos desfrutar da amabilidade de Marcial -o seu garda e montañeiro- que tan ben nos trataba e comprendía.

 
Lamentamos que problemas financeiros e de continuidade do Histórico Club Ancares teñan como consecuencia o peche do Albergue. Ogallá algunha institución se dea de conta da gran oportunidade que para a zona significaría relanzalo en boas condicións, axudaría na necesaría dinamización desta zona. 
Nunca volveremos aos Ancares sen lembrarnos do seu Albergue.
 
 
FOTOS DUNHA ACTIVIDADE DO CLUB (XANEIRO 2012)