Licenza Federación Galega de Espeleoloxía 2023

Xa podes tramitar a túa licenza para 2023

Cada federado pode descargala en PDF desde a web e imprimir (coa opción ‘sen axuste de páxina’), recortar e plastificar.

Desde o venres da semana en que se recibe na FGE o impreso de solicitude, poderás acceder a túa licenza federativa as veces que queiras, dende a ligazón nesta páxina.

A licenza deportiva autonómica é un dereito individual do espeleólogo que se exercita a través da pertenza aos clubs ou individualmente; é persoal e intransferible e a súa validez é dun ano natural.

Esta licenza é necesaria para poder tomar parte nas actividades oficiais da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE), integrarse na mesma e concorrer ás subvencións que outorga.

Características principais

  • A cobertura en Rescates aplícase a todas as actividades (principais e complementarias).
  • Os menores de 18 anos necesitan unha autorización paterna, que será custodiada polo club ao que pertenzan.
  • A FGE tramitará as licenzas cada xoves ás 12 DA MAÑÁ, ou ben o penúltimo día laborable, no caso de ser festivo.
  • Recoméndase ler o Protocolo de Actuación no caso de Accidente Deportivo, accesible na web da Federación.

Prezos licenzas (Nova Actualización)

 

MÁIS INFORMACIÓN

Licenza Federación Galega de Montañismo 2023

LICENZA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO 2023

Xa  podes tramitar a túa licenza para a Federación Galega de Montaña 2023

 

Estar federado dáche dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos,  
  • Comunhttps://fedgalmon.gal/refuxios/icacións periódicas
  • Calenhttps://fedgalmon.gal/refuxios/dario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME:   https://fedme.es/licencia-fedme/

Datos importantes

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.

Novidades

Este ano haberá tres novidades referente ás licenzas federativas:

  1. Por primeira vez na FGM haberá unha licenza de Inclusión Social

  2. Haberá licenza infantil na modalidade OT.

  3. Melloras propostas Asistencia no Estranxeiro coa póliza AON_ALLIANZ contratada.

Prezos

Máis información aquí

 

 

 

 

 

LICENCIAS

Comezamos o novo ano coas mesmas dúbidas coas que rematamos o 2020 e, sen lamentacións,  neste mes de xaneiro non imos programar ningunha actividade pero si estaremos atentos á posible evolución da pandemia. Se chegado o caso albiscamos a  posibilidade de poder facer algunha, tanto cos adultos como coa Sección Inf-Xuvenil,  inmediatamente faremos o posible por poñernos en contacto e tratar de realizala aínda que sexa cun número máis reducido de participantes. Pedímosvos tamén que esteades atentos ás redes sociais para estar ao tanto.

Por outra banda, xa vos temos informado polo miúdo da importancia de obter a licenza federativa, tanto pola cobertura deportiva como polas vantaxes que esta nos ofrece. A isto hai que engadir que é OBRIGATORIO ter un seguro para poder facer as actividades, de aí a nosa insistencia en solicitala.

O seguro de un día tan só é unha opción para utilizar nalgún caso excepcional e para iso teriades que solicitalo o xoves anterior á actividade, sempre antes das 21h.

Ademais, mantéñense os prezos do pasado ano. 


TODA A INFO: PREME AQUÍ


¡LICENZAS INF-XUVENIL!


Este ano a subvención das licenzas infantís e xuvenís pode chegar ata o 80%. Se no mesmo momento de solicitar a licenza do menor un titor, pai ou nai, tamén solicita a súa, verase beneficiado cun 36% de desconto por parte da FGM e cun 44% por parte do club na licenza do menor. No momento de facer a solicitude farase o ingreso do total das licenzas e posteriormente vos será reintegrada a subvención que corresponda. 

Un ano máis aconsellamos a modalidade B (21nas inf. e 46na xuvenil).

AVISO LICENZAS

Na Asemblea celebrada o pasado sábado día 12 de decembro na sede da Federación Galega de Montañismo quedaron aprobados os prezos das Licenzas Deportivas para o ano 2021. Se ben quedou aprobado por maioría o manter os prezos de 2020, se instou á FGM a renegociar un novo prezo á baixa coa compañía aseguradora. Si chegado o caso, nos primeiros meses de 2021, de que esta negociación tivera efecto positivo se nos reintegraría a diferenza. 

Preme aquí para ver TODA a información

Lembrar a obrigatoriedade de estar en posesión da licenza para calquer actividade que queiramos facer: Escalada (xornadas na UVigo), sendeirismo, esquí, montañismo, etc. 

Xa se poden solicitar a partir do martes día 15.


NUESTRO CLUB QUIERE SER ELEGIDO EN LAS ELECCIONES FEDME, SI CONTAMOS CON TU APOYO

Este año corresponde celebrar elecciones en la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME) y de hecho ya estamos metidos en el calendario electoral.

Somos conscientes que a muchos de vosotros os puede parecer que nos «pilla lejos» este Organismo pero es nuestro deber el deciros que no es cierta esta afirmación o pensamiento. Cada vez más cualquier estamento (clubs, deportistas, técnicos y árbitros) deben de estar unidos y muy bien representados pues otros organismos superiores toman decisiones que sí nos afectan, y mucho, en nuestra actividad, que en muchos casos es simplemente ir a caminar al monte.


Licencias, acceso a zonas protegidas, formación, intrusismo, competencias, representación en instancias superiores, reglamentos en competiciones…..nos pueden afectar en algún momento y, en muchos casos ni nos enteramos hasta que ya están tomadas.


En esta convocatoria electoral será necesario celebrar votaciones pues, entre otras cosas, que se sepa, hay dos candidatos a la presidencia. Es momento pues de, en primer lugar, mostrar nuestro agradecimiento a quien presidió durante tantos años este organismo federativo, Joan Garrigós, muchas gracias, y también es momento de  tomar conciencia para reactivar nuestro máximo órgano de representación para lo cual os pedimos vuestra participación en este proceso ya que nuestro club tiene intención de presentarse como miembro de la Asamblea de la FEDME y apoyará a unas determinadas candidaturas de deportistas o técnicos.


Puedes seguir el proceso pulsa aquí 


En Vigo tendremos la opción de votar presencialmente, en principio, el día 10 de diciembre, pero si ves que esta opción no es posible para ti, entre el 15 de octubre y 5 de noviembre podrás solicitar el voto por correo (nosotros te explicamos cómo tramitarlo fácilmente).


Os mantendremos informados y os pedimos que os involucréis, porque entre otras cosas nuestro Club quiere ser un digno representante de los Clubs gallegos ya que de Galicia únicamente podrá estar un solo club.


Podemos aclarar cualquier duda podéis llamar al club o al 660 69 35 35.


XORNADAS DE FORMACIÓN CONTÍNUA DE ESCALADA

Xornadas dirixidas a socios do Club Peña Trevinca e ao persoal da comunidade Universitaria da UVigo indistintamente.

Prazo de solicitude: 8 ao 18 de setembro. A través da publicación que faremos nas redes sociais.

INCRIBIRSE PREMENDO AQUÍ (O prazo está pechado)

Duración: Dende outubro ata maio. 

1º trimestre: Outubro, novembro e decembro.

2º trimestre: Xaneiro, febreiro e marzo.

3º trimestre: Abril e maio.

Dada a interrupción das mesmas no pasado mes de marzo, terán preferencia os alumnos do pasado curso, se ben será obrigatorio que formalicen a súa inscrición nos prazos establecidos.



PREZOS:

Grupo 3: Cobro mensual anticipado de 22€/mes.

Resto de grupos: Cobro trimestral anticipado de 27€/mes.


CRITERÍOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE INICIACIÓN:

-Ter participado no ano anterior.

-Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.

-Orde de inscrición.


CRITERÍOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE PERFECCIONAMENTO:

-Ter participado no ano anterior.

-Demostrar capacidade de escalar mínimo 6a. (Proba de acceso).

-Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.

-Ter participado xa en actividades de escalada co club.

-Orde de inscrición.


Máis info chamando ao 660 69 35 35


PROTOCOLOS NAS ACTIVIDADES

Co ánimo de tranquilizar a aqueles dos nosos socios que poidan ter certo reparo, en canto a participar nas actividades do club tras estes meses de confinamento e a incorporación posterior  a unha “nova normalidade”, queremos transmitirvos que na Xunta Directiva somos conscientes deste feito e estaremos vixiantes para cumprir con todas as directrices que nos vaian marcando, tanto dende o goberno como as autoridades deportivas ou empresariais, bus, albergues etc. que teñen responsabilidades sobre a nosa actividade. 

Así pois, xa vimos poñendo dende hai semanas información no noso blog e facebook sobre os cambios ou avances que se producen coas distintas fases. 

Pedímosvos que consultedes dita información e, ao mesmo tempo, facervos saber que contamos tamén coa vosa colaboración para poder gozar xuntos da natureza con toda a responsabilidade, algo que estamos desexando facer todos. 

Agracedemos moito a vosa implicación neste sentido e animámosvos a iniciar a volta ás actividades, pois todos sabemos e somos partícipes do excelente comportamento social que mantemos no club.


COMUNICADO IMPORTANTE

Como ben sabes na práctica deportiva para federados e necesario levar a Licencia Deportiva da Federación Galega de Montañismo do ano 2020, por si fora requerida pola autoridade competente.

O principal cambio e que nesta fase II permítese o deporte en grupo (sen contacto) ata un máximo de 10 persoas e o horario para facer a nosa actividade.



Os federados podemos podemos movernos por toda a provincia de residencia, a calquer hora excepto nos horarios de 10 a 12 e de 19 a 20h.