FOTOS «CAMPAMENTO S.BERNARDO – MEMORIAL PEPIÑO COSTAS»

Rematamos o ciclo anual que desde 2008 vimos celebrando co coñecido e histórico Campamento San Bernardo – Memorial Pepiño Costas, que se ven celebrando desde hai máis de 50 anos.

O pasado domingo non o puidemos celebrar en Sanabria pero o fixemos moito máis breve en Budiño o pasado domingo 28 con moitas actividades e xogos para os nenos na contorna do noso refuxio. 

¡Gracias a tod@s por participar!


ASEMBLEA E CEA

Queremos deixar constancia do noso agradecento pola vosa asistencia a estes dous actos da pasada fin de semana. 

Moi concurrida a Asemblea, tras a cal celebramos o sorteo entre os participantes da «Bandeira Viaxeira», de tres premios por sendos vales de compra por valor de 100€. Estes recaeron nos socios Alexandre Martínez, Xian Seoage e Manolo Riveiro. ¡Noraboa aos tres!


Logo, o sábado, celebramos a Cea Homenaxe ao Socio, tamén cunha boa representación, e na cal puidemos agasallar aos nosos socios que cumpren 25 e 50 anos neste 2020 no seo do club. ¡Felecidades a todos! 


Á mesma tamén acudiron o Concelleiro de deportes Manel Fernández e o Alcalde de Vigo Abel caballero.



Moitas grazas a todos os  que participástedes nestes dous actos dende a Xunta Directiva.



GAÑADORES II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA


Como xa sabedes o pasado día 21 de decembro coñecéronse os gañadores do II Concurso fotográfico da  saída celebrada o 28 de Outubro en Nogueira de Ramuín.


Lembrar aos gañadores que tendes ata o 21/12/19 para disfrutar do voso agasallo:


-Mellor fotografía: Luis Alvarez Real (Premio casa rural)



-Mellor fotografía categoría Pedra: Alejandro Carrera Martinez (Premio 2 prazas no bus saída domingo)


-Mellor fotografía categoría Outono: Mª Aranguren Gassis (Premio 2 prazas no bus saída domingo)


-Mellor fotografía categoría Libre: Alejandro Carrera Martinez (premios non acumulativos «ver bases»)



Xa está lista a exposición no clube con algunhas das fotos escollidas polo xurado; así como as gañadoras.





¡PARABENS OS GAÑADORES!