Mulleres para traer ao presente

Son moitas, moitas máis das que nun principio puideramos imaxinar. E, certamente, temos que utilizar esta palabra “imaxinar”, destinada para referirse a sucesos ou cousas que non existen, cando queremos pensar en destacar a mulleres cun papel na historia que tería que ser coñecido e valorado por todas e todos. Non deberiamos ter que  imaxinar nin supoñer  se  o noso coñecemento fose máis amplo como consecuencia de que estas grandes mulleres, que as hai en todos os ámbitos da vida,  tiveran no seu momento o merecido recoñecemento e a posterior divulgación da súa valía ou aportación á sociedade.

Lamentablemente non é así, e continuamos atrapados na ignorancia coa que fomos “educados” deixando atrás coñecementos e feitos que, de telos recibidos axeitadamente e no seu momento, hoxe xa teríamos moito camiño andado e viviríamos cara a unha sociedade máis xusta e equilibrada. Cando aínda andamos nestas é que, intencionadamente ou non, algo fixemos mal.

Con esta breve reflexión quero facer unha pequena aportación, para dar a coñecer a mulleres cuxa aportación á sociedade segue sen ser suficientemente coñecida, e recoñecida tamén.

HEDY LAMARR (Austria 1917- EEUU 2000)

Enxeñeira, inventora e famosa actriz de Hollywood, os seus descubrimentos permitiron o desenvolvemento do WIFI. Era considerada unha das actrices máis belas do mundo e a inventora do sistema de comunicacións denominado “técnica de transmisión no espectro alargado” no que se basean todas as tecnoloxías inalámbricas de que dispoñemos na actualidade. Actriz, enxeñeira de telecomunicacións e inventora cuxo encanto e elegancia eclipsou as súas outras facetas.

 Carlos Garrido

Fonte de información: Universidade Politécnica de Madrid.

PINCHAR AQUÍ.

Alenxandra David-Néel ,

Este ano polo día internacional das mulleres, queremos render homenaxe a unha viaxeira incansable, Alenxandra David-Néel, a primeira muller occidental en entrar na cidade prohibida de Lhasa, a capital do Tíbet, cando esta era inaccesible aos estranxeiros.

Na súa extensa vida foi cantante de ópera, pianista, xornalista e políglota. Pero como é máis coñecida é polos seus máis de 30 libros con  relatos das súas viaxes e o seu coñecemento sobre as relixións orientais.

Sen dúbida unha biografía fascinante, podedes coñecer máis nesta ligazón.

O LOBISHOME DE ALLARIZ

Un lobishome ou licántropo, segundo a crenza popular, é un home que se converte en lobo as noites de lúa chea, comportándose como tal. Os lobishomes son os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra. Concretamente, un suceso acontecido en Galicia cobrou fama mundial, cando a mediados do século XIX Manuel Blanco Romasanta, xulgado por varios asasinatos, confesaba que por mor dunha maldición que lle botara un familiar transformábase en lobo e baixo esta forma cometía os asasinatos, impulsado polo instinto da fera. O caso espallouse polos xornais de toda España e de parte do estranxeiro, e é nda coñecido polo gran público nos nosos días. Contámosvosresumidamente como foi

Alá polo 1809, naceu en Esgos (Ourense) aparentemente como muller, unha meniña loira chamada Manuela. Seus país así o creron ata que cumpriu oito anos, data na que foi modificada a súa partida de nacemento quedando o seu nome masculino. Investigacións posteriores  falan dun caso de hermafroditismo.

A historia conta que Romasanta non chegaba ao metro corenta, con certos rasgos femininos, e que, como cousa excepcional naquela época, podería considerarse instruído xa que sabía ler e escribir. Casou con 22 anos e exerceu como xastre, profesión aprendida grazas a un tío seu, pero cando faleceu a súa muller mudou o oficio polo de quincalleiro, o que lle permitiu percorrer gran parte do noroeste da Península Ibérica.


Foi no pobo de Allariz onde comenzou a relacionarse coa xente da vila, gañándose sobor de todo a confianza feminina… tal foi así que Manuela García Blanco, veciña da vila, e mais a súa filla Petra cando decidiron ir a Santander na procura dunha boa casa onde servir, confiaron en Romasanta, como bo coñecedor dos camiños e dos contactos necesarios no norte de España, onde mellorar as súas vidas. Tras varias semanas de ausencia, Romasanta reapareceu na vila alaricana contando unha fabulosa historia; dicía que atopara a casa dun cura amigo seu para Manuela e a súa filla, mostrando unha carta falsa (que supostamente redactara el mesmo) e que entregou aos familiares das súas vítimas para non levantar sospeitasDesta maneira
foise levando ata 9 persoas coas que segu
ía o mesmo modus operandi

Pero Romansanta cometeu un erro que non pasou desapercibido. Foi vendendo polos arredores prendas de vestir das personas que confiaron nel como guía, así que as sospeitas de que algo pasaba foron medrando. Así mesmo, corría o rumor de que vendía unto e xabón en Portugal e que este podía ser de orixe humana; este feito fixo que se pensase que o “tendero(como así lle chamaban no pobo) podía ser o temido «sacauntos», un asasino en serie do século XIX famoso por matar a seis mulleres para obter unto do corpo, facendo con el  pocións e ungüentos.

A resultas destes acontecementos e dunha posterior denuncia, vese obrigado a fuxir pero finalmente é capturado en Toledo a trasladado a Ourense para ser xulgado. Alí é acusado de 13 desaparicións das que só poden probarse 9 asasinatos, se ben é certo que os corpos das súas vítimas xamais apareceron. Confesou que o fixo porque según el transformábase en lobishome sen poder controlarse”… Logo dun ano de xuízo, finalmente foi condeado á pena capital por garrote vil. 

O máis incrible é que a raíña Isabel II conmutou a condena por recomendacións dun hipnólogo francés, de nome Philips, que alegaba a necesidade de manter con vida o suposto lobishome para estudialo e comprender a orixe da maldición”, xa que Philips sospeitaba que era vítima dun trastorno psiquiátrico chamado licantropía, polo que unha persoa cre que pode transformarse nun animal. 

O último que sabemos de Manuel Blanco Romansanta é que faleceu por cáncer de estómago na prisión de Ceuta o 14-12-1863.

A SANTA COMPAÑA

 

Hoxe non imos falar das saídas preparadas, das que xa se deu conta en anteriores circulares. Nesta ocasión imos falar da máis famosa lenda galega ou non tan lenda… A Santa Compaña. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluído o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno.


A Santa Compaña, tamén chamada noutros lugares Estadea, Huéspeda ou Corteju de genti de muerti, é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Esta procesión sae a media noite dos camposantos aldeáns e, ordenada en comitiva formada por dúas fileiras, cruzan carreteiras e camiños, cimas e vales, para anunciar cun ano de antelación, a morte daquel a quen chaman  á porta ou en cuxo tellado guindan unha pedra. As visitas acontecen de forma procesional dirixidas por unha persoa viva,  provisto de cruz alzada e dun caldeiro cheo de auga bendita. Dise que quen realiza esta “función” non recorda nada durante o día do que aconteceu pola noite, unicamente se poderá recoñecer ás persoas penadas pola súa extrema delgadez e palidez. Cada noite a súa luz será máis intensa e cada día a palidez irá en aumento. Non se lles permite descansar ninguna noite, polo que a súa saúde vaise debilitando ata enfermar e morrer sen que ninguén saiba as causas de  tan misterioso mal. Condenado a vagar noite tras noite ata morrer, só consegue liberarse do seu fatal destino se encontra un transeúnte desprevido a quen entregarlle a cruz e o caldeiro antes de que este debuxe un círculo na terra e pronuncie as palabras “de aquí non pasas”.

Quen forma parte da Santa Compaña camiña descalzo, viste sudario con carapucha de cor negra e leva unha luz que non se ve, pero percíbese claramente o cheiro da cera que arde. A procesión vén acompañada dun lixeiro vento precedido dunha fría e densa néboa. Tamén se escoitan uns rezos ou cánticos fúnebres así como o son dunha pequena campá. Ao seu paso cesan os ruídos dos animais do bosque. Os cans oubean a morte e os gatos foxen despavoridos. A  todo isto hai que sumar dúas noites clave que incrementan as posibilidades de encontro: San Xoán (do 23 ao 24 de xuño) e Todos os Santos (do 31 de outubro ao 1 de novembro).

E para rematar, se pensades que calquera de nós pode ver a Santa Compaña estades errados… Só uns poucos teñen esta “facultade”: aqueles nenos/as aos que o sacerdote, por erro, bautizou empregando óleo dos defuntos, posúen de adultos a facultade de poder ver a S. Compaña. Os demais, crentes ou  non,  terán que conformarse con sentila ou intuíla….