formación
XORNADA DE ESCALADA E SURF: Domingo 28 marzo
Xa que as condicións sanitarias e as restriccións actuais nos dan un pequeno respiro, imos facer a primeira actividade do ano, xuntando na misma xornada escalada e surf.
É unha xornada pensada para os rapaces en idade xuvenil, de 11 anos a 99, tendo preferencia os menores de 18 anos. Só é necesario ter certa experiencia en escalada e saber nadar.
A escalada será pola mañá, en Monteferro, e cando remate iremos ata a praia de Patos para ter a noso primeiro contacto co mundo do surf. Para esta actividade non é necesario ter experiencia pois a faremos cunha escola de surf e eles pondrán todo o material e monitores necesarios.
A lista abrirase o luns 22 e pecha o xoves 25; as prazas, por motivos obvios, serán limitadas.
Temos toda a información no club.
Xa que non podemos saír en grupos numerosos nin celebrar a Reconquista, ¡Imos escalar e surfear!
AVISO: LISTA MONTAÑISMO INVERNAL
Dado que mañá día 16 é festivo local en Vigo manteremos pechada á oficina do club. Con tal motivo a apertura da lista do Curso de Montañismo Invernal será o mércores 17.
Tal como indicamos na circular, non temos a certeza de que dito curso se poida levar a cabo na data sinalada, 6 e 7 de Marzo, e parece pouco probable que así sexa, pero consideramos abrir a lista para que en canto sexa posible realizalo, poder comunicarnos xa directamente cos interesados.
PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN DE ESCALADA DEPORTIVA DE GALICIA: PROBAS DE SELECCIÓN 2019
XA VAN ONCE ANOS E SEGUIMOS CANTANDO
CURSO DE MONTAÑA INVERNAL
Deixámosvos algunhas imaxes do entorno de Peña Ubiña, onde se celebrou o mesmo e damos á benvida ás travesías do club aos nosos novos montañeiros.