CURSOS DA EGAM DE COMEZO DE ANO 2023

Xa están abertas as inscricións para os primeiros cursos organizados pola Escola Galega de Alta Montaña neste 2023.

Nos seguintes arquivos poderedes atopar toda a información. Lembrade que a inscrición débese realizar a través do club. Se a realizades vós mesmos tedes que enviar copia da inscrición e do pagamento ao correo do club.

Estes cursos están orientados a adquirir capacidades deportivas sobre terreo nevado, polo que a súa realización depende das condicións nivometeorolóxicas que presente a montaña nas datas dos cursos.

Dende o club animamos a todos os socios e socias a participar nas actividades de formación da EGAM.

Durante a fin de semana do 16 e 17 de xullo  desenvolverase o curso de técnicas de motañismo estival que organiza a EGAM dirixido ao e as xoves dos club, os infantís.

 A  información detalla dos contidos e actividade que faran os rapaces e rapazas está na convocatoria do curso neste  arquivo pdf. 

Cremos que é unha moi boa maneira de iniciarse nas actividades de montaña, sempre coa supervisión dun técnico da FGM que formará a todos eles e elas.

 

AVISO: LISTA MONTAÑISMO INVERNAL

Dado que mañá día 16 é festivo local en Vigo manteremos pechada á oficina do club. Con tal motivo a apertura da lista do Curso de Montañismo Invernal será o mércores 17.

Tal como indicamos na circular, non temos a certeza de que dito curso se poida levar a cabo na data sinalada, 6 e 7 de Marzo, e parece pouco probable que así sexa, pero consideramos abrir a lista para que en canto sexa posible realizalo, poder comunicarnos xa directamente cos interesados. 


XORNADAS DE FORMACIÓN CONTÍNUA DE ESCALADA

Xornadas dirixidas a socios do Club Peña Trevinca e ao persoal da comunidade Universitaria da UVigo indistintamente.

Prazo de solicitude: 8 ao 18 de setembro. A través da publicación que faremos nas redes sociais.

INCRIBIRSE PREMENDO AQUÍ (O prazo está pechado)

Duración: Dende outubro ata maio. 

1º trimestre: Outubro, novembro e decembro.

2º trimestre: Xaneiro, febreiro e marzo.

3º trimestre: Abril e maio.

Dada a interrupción das mesmas no pasado mes de marzo, terán preferencia os alumnos do pasado curso, se ben será obrigatorio que formalicen a súa inscrición nos prazos establecidos.



PREZOS:

Grupo 3: Cobro mensual anticipado de 22€/mes.

Resto de grupos: Cobro trimestral anticipado de 27€/mes.


CRITERÍOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE INICIACIÓN:

-Ter participado no ano anterior.

-Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.

-Orde de inscrición.


CRITERÍOS DE SELECCIÓN GRUPOS DE PERFECCIONAMENTO:

-Ter participado no ano anterior.

-Demostrar capacidade de escalar mínimo 6a. (Proba de acceso).

-Criterio de «homoxeneidade do grupo» segundo o monitor responsable.

-Ter participado xa en actividades de escalada co club.

-Orde de inscrición.


Máis info chamando ao 660 69 35 35


CURSO DE MONTAÑISMO INVERNAL

15 e 16 de febreiro
Un ano máis, dado que sodes moitos os que solicitades este curso, e tamén pola necesidade de ter a formación precisa para moitas das actividades que desenvolve o club, temos solicitado xa este curso á FGM- EGAM, específico para socios federados do noso club. 

O número de prazas é limitado, en principio, a 8 participantes.  
Máis información sobre prezos ou subvencións chamando ao club. 

A inscrición, neste caso, unicamente terá validez se se fai a través do club, ben chamando por teléfono ou de forma presencial.

A lista ábrese hoxe ata o 4 de febreiro.


XA VAN ONCE ANOS E SEGUIMOS CANTANDO

Pois sifoi no 2008 cando decidimos xuntarnos un grupo de socios  e aprender as nosas cantigas populares e folclóricas e, case sen darnos conta, seguimos aí todos os xoves disfrutando da compañía e aprendendo cancións. Isto levounos a ter participado nalgunhas asociacións e festas, nas que poñemos en práctica o noso bo facer. 

Este ano temos prazas dispoñibles, tanto en homes como mulleres; aqueles que queirades intentalo seredes benvidos e …. ¡¡a cantar!!

CURSO DE MONTAÑA INVERNAL

A pasada fin de semana, quince dos nosos socios asistiron a un curso especifico para o noso clube de montañismo invernal impartido por dous técnicos da EGAM. 



Deixámosvos algunhas imaxes do entorno de Peña Ubiña, onde se celebrou o mesmo e damos á benvida ás travesías do club aos nosos novos montañeiros.