TROFEOS CONCURSOS SOCIAIS 2020 e PRÓRROGA

Debido á situación que estamos a atravesar, este ano non haberá cerimonia nos PP Capuchinos pero aínda así, os que remataron os concursos terán o seu trofeo ou diploma. Os premiados este ano son:


  • 2º Categoría: Mª Beatriz Pérez Vidal, Julio Fernández González.
  • 150.000 metros: Leopoldo Ángel García Rodríguez, Enrique Toba Nardín, Augusto Vilas Casal.
  • 250.000 metros: Cristina Conde Pérez, Pura Peña Freire, Francisco Lages MartÍnez.
  • 500.000 metros: Tomás Campo Alfonso, Luís Rafael Suárez Valeiras.
  • Socios Colaboradores: Manuel Pérez Blanco, José Bacelos González, Francisco Javier Pereiro Puga, Cristina Fernández González, Alexandre Martínez Schönemann, Inhaqui Solla Covelo.

Cómpre tamén mencionar a dous non socios do noso club, membros do CETRA-Club de Espeleoloxía A Trapa, Marcos Vaqueiro e Reinaldo Costas, que nos axudaron este ano nas actividades de espeleoloxía.

Se algún socio non se atopa entre os premiados ou como colaborador e cre que rematou algunha categoría ou colaborou nalgunha actividade social, por favor, que se poña en contacto co club canto antes.

Recordade que a partir do 1 de decembro xa se poden abrir as distintas categorías dos concursos sociais.


PRÓRROGA DE CONCURSOS SOCIAIS

Posto que neste 2020 tan distinto  non puidemos practicar o montañismo tanto como quixeramos, a Xunta Directiva decidiu prorrogar un ano a todos os socios con concursos abertos que teñan data limitada para a súa realización. Son todos excepto, Teitos, Metros e Memorial Gonzalo Gurriarán.

 

NOVOS CONCURSOS SOCIAIS

Trátase dunha tradición case tan antiga como o club que se mantén activa dende entón pero quizais algúns socios non tedes coñecemento dela. 
Con estes concursos  tratábase de ter un acicate máis para acudir á montaña, en solitario ou con amigos, pois non había a diversidade de actividades como agora. Pero, aínda así, e coas oportunas modificacións que se foron facendo a través dos anos, a día de hoxe son moitos os socios que participan neles e boa mostra é a entrega de trofeos que celebramos cada ano.

Precisamente aproveitamos unha ampliación que vimos de aprobar este ano, para informarvos a todos desta alternativa para gastar botasvisitando lugares con premio e convidarvos a participar neles.

Xa poderedes consultar na páxina web a nova Normativa de Concursos Sociais, unha vez que foi aprobada pola Xunta Directiva.
Nesta  actualización creouse un novo concurso denominado Memorial Gonzalo Gurriarán e unhas novas seccións de concursos de “Escalada” e “Vías Ferratas”.
Para participar no  concurso «Memorial Gonzalo Gurriarán«, como nas normas xerais se indica, non é preciso facer ningún outro previo. Son 30 cumes dunha lista de 40, dos que algúns son obrigatorios. Nel téntase coñecer e percorrer os macizos máis importantes do país. Eliximos os montes tendo en conta varios aspectos: dificultade técnica, física ou, nalgún caso, o que ese cume representa no seu macizo. Este concurso, como veredes na lista de montes a realizar, necesita o seu tempo polo que este será ilimitado. E tendo en conta a súa dificultade o premio será un trofeo e diploma.

Referente ao de Actividades de Escalada, estes teñen as súas normas xerais propias e cada concurso as súas específicas. Podendo concursar por Categorías, Escolas de Escalada, as Ferratas, 50 Vías Clásicas e Acumulación de metros de Escalada
Con esta nova sección nace un novo parte específico para a escalada que podedes descargalo premendo aquí e ver as normas.

¡Calquera dúbida será aclarada con moito gusto!

Juego Cuarentena 5º: ¿Dónde estamos?

Hoy vamos con la sección de espeleología.

Pregunta: ¿Dónde están hechas? 


Recordar que son salidas del club y …. ¡¡mucha suerte!!

Como añadido queremos dejaros un hermoso vídeo donde se pueden escuchar los sonidos de los diferentes pájaros que nos podemos encontrar a lo largo de toda la geografía de España:


Recordar #quedanacasa

ASEMBLEA E CEA

Queremos deixar constancia do noso agradecento pola vosa asistencia a estes dous actos da pasada fin de semana. 

Moi concurrida a Asemblea, tras a cal celebramos o sorteo entre os participantes da «Bandeira Viaxeira», de tres premios por sendos vales de compra por valor de 100€. Estes recaeron nos socios Alexandre Martínez, Xian Seoage e Manolo Riveiro. ¡Noraboa aos tres!


Logo, o sábado, celebramos a Cea Homenaxe ao Socio, tamén cunha boa representación, e na cal puidemos agasallar aos nosos socios que cumpren 25 e 50 anos neste 2020 no seo do club. ¡Felecidades a todos! 


Á mesma tamén acudiron o Concelleiro de deportes Manel Fernández e o Alcalde de Vigo Abel caballero.



Moitas grazas a todos os  que participástedes nestes dous actos dende a Xunta Directiva.