Dia Internacional dos Bosques: 25 marzo

O sabado 25 imos facer unha plantación duns 60 castiñeiros.
Será no concello de covelo e contaremos coa axuda da comunidade de montes da zona. Eles poñen o terreo e as árbores e algunha ferramenta tamen.
É unha actividade soamente de mañan é totalmente de balde.
Non faremos ruta, pero se o tempo acompaña e alguen quere quedar a comer por ali… Non hai problema.
Contamos convosco. 

Os esperamos!!!

URRIELLU 73, ALPES 74

Charla -Proxección  venres 17, ás 20.30 horas no local social
Antonio Fariña, Raúl Lamarca, Ramón Davila e Paco Martínez compoñían un fantástico grupo de escaladores e alpinistas na decada dos 70. Con eles imos rememorar aqueles anos e poderemos ver dúas ascensións recuperadas de peliculas gravadas en «super 8» que agora temos en formato dixital
NON FALTEDES!!!

PRESENTACIÓN LIBRO:  A creación do Club Peña Trevinca (Ricardo Gurriarán)

Venres día 27 ás 20:30 h no Local Social

Excelente oportunidade para coñecer da man de Ricardo Gurriarán a historia de como, cando e  que persoas traballaron na fundación do Club Peña Trevinca alá por 1944 coas circunstancias sociais daqueles momentos. Unha obra que tamén recolle o material gráfico e documental do exposto na Exposición do 75ª Aniversario.

Ricardo Gurriarán, licenciado en Educación Física  pola Universidade Politécnica de Madrid, doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, e con dúas ducias de obras publicadas, a última precisamente sobre Florencio Delgado Gurriarán,  homenaxeado o pasado día 17 con motivo da Letras Galegas,  será quen nos presente esta obra súa sobre o nacemento do noso club. Ricardo recibiu, entre outros, o Premio da Crítica Galicia de investigación  en 2007 e o Lois Peña Novo no ano 2015.

Tamén compre lembrar que no pasado 2019, por acordo da Asemblea do club, foi nomeado Socio de Honra do Club Peña Trevinca pero, por mor das circunstancias anómalas e persoais destes dous últimos anos, non puido recibir ata agora a Homenaxe que sí agardamos aconteza neste día da presentación do noso libro.

Tamén recibiran o seu agasallo polos seus 50 e 25 anos de socios no club aquelas persoas que non puideron asistir no mes de marzo a Cea Homenaxe ao Socio e que agora xa nos confirmaron a súa asistencia.

Con este acto, no cal proxectaremos un video histórico realizado  en 2019, teremos todos unha gran ocasión para coñecer os primeiros anos do montañismo en Galicia que deron pe á que persoas cun empuxe e determinación exemplar botaran a andar unha entidade deportiva  que chegou ata o día de hoxe coa forza e ilusión que todos coñecemos. Convidámosvos a que nos acompañedes, e non faltedes a este acto, para coñecer de moi boa man as nosas raíces  montañeiras e sociais.

CONTAMOS CON TODOS VOS.

MENDITOUR 2022 VIGO: 3ª MOSTRA DE CINE DE MOTAÑA E AVENTURA

Os nosos amigos do Club Montañeiros Celtas nos convidan a disfrutar un ano máis desta magnífica mostra de Cine de Montaña.

MENDITOUR 2022 VIGO: 3ª MOSTRA DE CINE DE MOTAÑA E AVENTURA

8, 9 e 10 de febreiro de 2022

O MELLOR cine de MONTAÑA nos espera no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

3 días de cine que non nos deixarán indiferente, cine documental para gozar tanto montañeiras e montañeiros como o público en xeral.

Programa:

DIA 8, MARTES

  • Mendiak – 1976. 86 min. Director: Ignasi López. Premio á mellor película de montaña e premio do público Mendi Film 2021.

DíA 9, MÉRCORES

  • TXANGO. 20 min. Directora: Tamara Lucarini Cortes. 
  • JÖTUNN. 25 min. Director: Mikel Sarasola
  • BLACK ICE. 45 min. Director Zachary Barr & Peter Mortimer. Premio á mellor película de escalada Mendi Film 2021.

DÍA 10, XOVES

  • MELTING LANDSCAPES GLACIARES. 8 min. Director: Pepe Molina Cruz. Premio mellor cortometraxe Mendi Film 2021. 
  • AMAGANA. 14 min. Director: Jon Goikoetxea López de Alda & Iker Larrañaga.
  • ACTION DIRECTE. 16 min. Director: Zachary Barr & Josh Lowell.
  • FIRE IN THE FINGER. 22 min. Director: Toni Arbones.
  • THE TRAVERSE. 34 min. Director: Ben Tibbetts. Premio Especial do Xurado Mendi Film 2021.

PREZOS:

Bono 3 días: 12€

Venta anticipada (ata 24h antes da sesión): 5€
Venta en billeteira: 6€
  • Os bonos de 3 días estarán á venta ata o 30 de xaneiro.
  • As entradas anticipadas póñense á venta o día 31 de xaneiro.
  • As entradas en billeteira estarán dispoñibles o día do evento a partir das 19h.

NOTA: Poderá accederse ao Auditorio no intermedio de cada proxección, para as/os que non poidan chegar ás 20h.

Inscrición: https://celtas.playoffinformatica.com/actividad/280/3a-MOSTRA-DE-CINE-DE-MONTANA:-MENDI-TOUR-VIGO-2022/

Visita de Erik Noya

O día 30 de decembro tivemos a sorte de recibir na sede social do  noso club a visita do escalador Erik Noya, subcampión do mundo de escalada de velocidade. Erik naceu en Venezuela, pero a súa familia é galega e aproveita calquera ocasión para visitala. Por ese cariño que lle ten á nosa terra, está empadroado en Vigo e, a partir deste ano 2022, representará á Federación Galega de Montañismo nas competicións nacionais. Actualmente reside no Centro de Alto Rendemento Deportivo de San Cugat preparándose para facerse cunha praza para participar nas Olimpíadas de París, nas que a escalada de velocidade será unha proba independente da dificultade e do bloque.
O presidente, como recordo desta visita, fíxolle entrega dunha camiseta e o libro coa historia do club, o que lle fixo moita ilusión porque aproveitará para practicar o noso idioma galego.

 

 

Intercambiamos opinións sobre a situación actual da escalada de competición en España e Galicia, da necesidade que ten Vigo dun rocódromo para poder estar á altura de calquera outra cidade e, sobre todo, alentou ás nosas campioas Araceli e Natalia Vale a continuar coa mesma motivación a pesar das dificultades. 

Gran escalador, pero sobre todo gran persoa cargado de alegría e positividade. Dende o Club desexámoslle que poida cumplir todos os seus soños.

Entrega de Trofeos , Belén de Cumes e Marcha do Pavo

 

Con esta dúas actividades rematamos  o noso ano deportivo-montañeiro 2021.

O venres entregamos os trofeos dos concursos sociais no Auditorio dos PP Capuchinos nun acto moi diverso, festeiro e entrañable.

Entre canción e canción do grupo The Calcetins Blues Band, que nos animaron todo o acto, fomos entregando os diversos trofeos e tamén homenaxeamos a Araceli e Natalia Vale pola súa excelente traxectoria na escalada froito dun enorme esforzo persoal e familiar.

Tamén recibiron o seu premio, de mans da vogal de Medioambiente Cristina Fernández, os gañadores do concurso fotográfico; Cristina Nartallo e Martina Alonso.

Logo, no sorteo extraordinario, Gustavo Bergantiño e Amalia Couto recibiron os mellores premios da noite; Un xamón de Torres Nuñez e unha fin de semana nunha casa rural para dúas persoas. NORABOA AOS DOUS.

Moitas grazas  de novo a Luís Álvarez, Eva Torres, Belén Collazo, Luís S. Juan e Santi Veloso pola vosa simpática e animada actuación.

Xa o domingo fomos a colocar o Belén navideño no cume de Faro Budiño.  Os nenos e nenas da Sección Infantil  foron os encargados de elaborar as figuriñas biodegradables do nacemento.

Cun tempo extraordinario cantamos unhas panxoliñas e iniciamos a Marcha do Pavo que tivo como gañadores a parella 19 formada por Isabel Alonso e Mario Cuervo. O beneficiado do sorteo da pava foi o noso directivo da S. Infantil Ignacio Carrera. FELICIDADES A TODOS ELES.

Podedes lembrar todo o acontecido entre o venres AQUÍ e o domingo pulsando AQUÍ.

 PATEANDO CON DISCAMINO

 

O pasado domingo día 28 levamos unha boa «paliza» pateando cos amigos de DISCAMINO. Poidemos «disfrutar» dun terreo máis chan que na anterior ocasión e con tal motivo nos levaron coa lingua de fora casi os 21 km do percorrido.

O certo é que o pasamos todos moi ben e as case dúas horas de adianto no remate da marcha compensou con librarnos da choiva que viu despois.

Xa no ano 2022, posiblemente na primavera, volveremos a vernos nunha nova camiñada. Ata entón podemos ollar as fotos AQUÍ.

ACTO DE PRESENTACIÓN FASCIMIL PEÑA TREVINCA

Xoves 18 ás 19,30 h

Casa do Deporte, Rúa Luís Ksado, 17 (Edificio federacións)

Entre 1944 e 1950, primeiros anos do Club Peña Trevinca, se publicaron un número importante de revistas do club con interesantísimos detalles e relatos daquela etapa.

Ca súa lectura un pode  descubrir as inquedanzas e dificultades por botar adiante a nosa entidade a través de excelentes escritos e colaboracións. Nun dos seus números mesmo figura un  artigo, “Cumbres en el Horizonte”, de Don Ramón Otero Pedrayo.

Da importancia que tivo no seu momento esta revista nos falará o mestre, e xa Socio de Honra do noso club,  Ricardo Gurriarán, coñecedor polo miúdo de todo o relacionado co nacemento e os primeiros anos do noso club.

AGARDÁMOSVOS.

DE TODO NO COUREL

Pensamos que é un bo título para resumir o vivido a pasada finde no Courel.

Actividade a que acudimos coa S. Infantil-Xuvenil  e na cal coincidiron, anecdocticamente,  dous socios recen chegados ( catro días como tal uns) con outros dous que xa levan 60 anos…e seguen. Grande o noso Club.

Bo tempo para camiñar o sábado e tremenda noite de choiva xa pola noite e na mañá do domingo. Circunstancia esta que nos levou a pospoñer a visita a Rogueira e baixar  a Quiroga para visitar dous museos, xeolóxico e etnográfico.  Sabia decisión pois pagou moito a pena e animamos a que non os coñeza  a que os visite en canto poida.

Antes da cea tivemos unha animada “previa” cunha actuación inesperada de Santi Veloso  e Enrique Toba e as súa guitarras, EXTRAORDINARIO.

Logo xa na noite, e tras cear….MAGOSTO A TOPE:  Música tradicional con tres gaiteiros, Anselmo, Toba e Isma, tamboril e varias pandereteiras que, xunto cas animadas voces, fixéronnos pasar unha boa troula a pesares de que a choiva continuaba os poucos. MOITAS GRAZAS A TODOS. Ah…tamén xantamos castañas asadas, claro, con algún “acompañamento” da terra.

 

Xa o luns visitamos a Devesa da Rogueira en tres grupos. Antes de comezar puidemos disfrutar  das explicacións sobre botánica e as características naturais  especiais que agocha esta devesa a través das explicacións que nos deu  o socio Raimundo Alonso. Moitas grazas tamén pois complementou  perfectamente a iniciativa da Vogalía de Medioambiente que promoveu esta actividade da man  da vogal Cristina Fernández.

E, por si era pouco, mais de dez socios/as participaron no CONCURSO FOTOGRÁFICO  do cal  nestes momentos podemos dicir que xa doce fotografías  (6+6  de cada temática)  pasaron a primeira criba antes de ser expostas no club e determinar as gañadoras, decisión que, tal como recollen as bases, o xurado emitirá o 19 de novembro.

Un grato recordo dos que participamos que podemos rememorar AQUÍ