SENDA DAS ESTRELAS – ETAPA VI e FINAL

23 e 24 setembro

 

Aínda quedan prazas para anotarse a esta saída. Animarvos.

 

Os que van durmir en Negreira (Grupo B), en habitación ou albergue, NON precisan levar saco, só roupa de baño. Para cear e almorzar teñen negocios dabondo en Negreira.

 

Os que van durmir de vivaque en Ponte Maceira (Grupo A), teñen que levar tenda de campaña, saco de durmir, esterilla, así como as cousas para asar: pan, chourizos, touciño, viño, postre, café, ou o que lle apeteza a cada un. Os que queiran do Grupo B poden sumarse a esta cea campestre.

 

Como adianto de ese memorable momento da acampada BBQ, aquí tedes una foto do lugar onde imos montar a farra.

A esquerda vedes ao dono da finca, o noso amigo “Yack”. Como bo irlandés, luce pantalón curto, sen camiseta, e con chapeu para cubrir o súa melena roxa (o xogo coa barba). Xa ten todo preparado para o evento.

A dereita, podedes observar que a grella de facer os chourizos é de altura variable.

CASTRO BAROÑA

 

Actividade organizada polos nosos vogais Jose Antonio e Manolo Panxón desde a vogalia de sendeirismo.

Nesta ocasión imos coñecer parte da comarca do Barbanza onde gozamos dunha andaina  de dezanove quilómetros subindo ata o monte Enxa de 539m. desde o alto do monte unas fantásticas vistas da ría de Muros e Noia e toda a serra do Barbanza.

   

Despois casi todo o percorrido é en descenso para alcanzar o segundo obxetivo do día, o castro de Baroña.

   

Día de bo tempo que algún aproveitou para darse un baño.

FOTOS AQUÍ

FOTOS ACTIVIDADE DE BABIA 17 E 18 DE XUÑO

Actividade preparada polo noso coordinador de montaña Tomás Campo en terras de Babia.

Saímos moi cedo de Vigo con chegada o pobo de Torre de Babia. O percorrido inicial é o mesmo para todos ata chegar o Pico Montihuero de 2.183 metros. A partir de aquí dividímonos en dous grupos, os de travesía e os de sendeirismo. A trvesía guiada por Tomás e Miguel Siesto e a ruta de sendeirismo por Jose Antonio, Manolo Panxón e Javier Sánchez.

Sábado 17 de xuño:

Ruta circular con inicio en Torre de Babia e primer pico do día e o máis alto o Montihuero. A ruta continúa facendo dúas cumes máis Peña Redonda e La Malvosa. Baixada polo Canal de los Fugados e rematar a dous quilómetros de inicio en Embutidos La Montaña de Babia.

Domingo 18 de xuño:

Despois o almorzó no albergue Giner de los Ríos o bus achéganos o pobo de La Cueta. Unha ruta lineal con remate en El Puerto e como cume Peña Chana de 2.068 metros. Ruta de 13 km e con tempo de comer o final da ruta.

     

Travesía:

Inicio o mesmo que o grupo de sendeirismo ata o pico Montihuero. Desde aquí o percorrido continúa para facer varias cumes como Las Coloradas e Peña los Años. A baixada nos leva o nacemento do río Sil e a cabana de Covalancha. Desde aquí nos leva unha hora chegar a zona de Vivac que é urias Chongas.

      

Despois dunha noite de moita chuvia e treboada levantámonos moi cedo para coller dirección igual que o grupo sendeirsmo ocume de Peña Chana. Seguimos a nosa ruta facendo o Pico Peña Salgada, El altu Pútracón, Alto La Encarralina e baixada o Puerto de Somiedo onde está Fontaiña esperando.

 

Máis fotos aquí

XLIX INTERPROVINCIAL + EXTENSIÓN SOTRES = PICOS (22 + 23) e (24 + 25) de xullo

Adiantámosvos a información da Interprovincial, que organizada polos nosos amigos da SDT, celebrarase este ano os días 22 e 23 de xullo.

Como sempre, a idea é viaxar en coches particulares na véspera, o venres 21, cara a Unquera, onde temos reservadas algunhas prazas nun hostal. En Unquera será a concentración e almorzo o sábado 22 ben cedo.

As rutas deste ano percorren a zona setentrional do macizo Oriental dos Picos de Europa, polas altas serras de Cabrales e Peñamellera Alta, en dous grupos, A e B, ben diferenciados.

O grupo A partirá da aldea de Mildón, na estrada Cabrales-Panes (AS-114), remontando A Rega da Tajadura ata os contrafortes da serra do Obesón, con 2000 m de desnivel positivo a facer, nun percorrido esixente que remata en Sotres, onde teñen a durmida nun albergue. O domingo, o percorrido vai de Sotres a Poncebos.

O grupo B fará os dous días rutas preto da aldea de Poo de Cabrales, con percorridos máis sinxelos, facendo base nun hotel.

O xantar do domingo será en Arenas de Cabrales. Este ano o homenaxeado será Miguel Bollada, o eterno fotógrafo da SDT.

A festividade do martes 25 de xullo permítenos estender, pola nosa conta, dous días máis esta aventura. Temos reservadas prazas para a noite do domingo e do luns no albergue de Sotres, e faremos rutas pola zona, que aínda temos por concretar.

Sempre a través do noso Club, e con prazas moi limitadas,a lista para anotarse á INTER ábrese o vindeiro martes 27/06. Tedes que indicar o grupo que escolledes (A ou B), e se quedades ata o martes ou volvedes o domingo a casa. Indicade tamén a dispoñibilidade de levar o voso coche.

Deixámosvos o enlace ao folleto oficial da INTER, onde explica todo o programa.

Para máis información, prezos e alternativas, chamade ao Club.

 

Avisos Saída Babía 17 e 18 xuño

Xa case “estamos en Babia”.

Animarvos, aínda quedan unhas poucas prazas libres para esta saída.

A hora de saída o sábado 17 é as 06:00 horas. Puntualidade.

Unhas breves notas para axudarvos…

Grupo A (travesía):

Tratade de ir o máis lixeiros posíbel. Non esquecer a roupa de choiva, esterilla, saco, manta térmica, moi recomendábel funda vivac, frontal, alo menos 2 litros de auga.

Prohibido facer lume ou usar cociña de gas.

Grupo B (albergue):

Non fai falla saco de durmir.

Vémonos no monte!

ACTIVIDADE A FONSAGRADA 20 e 21 DE MAIO

 

Fin de semana organizada por Manolo Panxón e o noso Coordinador de montaña Tomás Campo e a colaboración nas rutas de Jose Antonio. O sábado una ruta lineal de 22 quilómetros e o domingo unha circular de 19 quilómetros.

SÁBADO 20 DE MAIO:

Despois de tomar un café no aloxamento onde estamos o fin de semana que queda camiño a nosa ruta de hoxe. Inicio na aldea de Liñares de Bidul nos diriximos a cola do encoro de Grandas de Salime por un camino ben marcado e en continua baixada. Agora a nosa ruta vai polo antigo “Camino de la República” feito a man nos anos 30 e 40 co fin de unir A Fonsagrada con San Antolín de Ibias. Rematamos nunha Praia fluvial onde nos espera o bus co noso conductor preferido, Fontaiña.

 

         

 

DOMINGO 21 DE MAIO:

O noso percorrido transcorre en Asturias cunha ruta circular con inicio e remate na aldea de Riodeporcos. Ruta fermosa chamada O desfiladeiro de Bustelín. Pasamos por tres aldeas, Riodeporcos, Peneda e Busto, un paisaxe espectacular cun sendeiro ben marcado onde o tempo acompañou e gozamos dunha zona pouca coñecida.

           

Máis fotos aquí