Barranquismo nas pozas do Touron
Bo tempo , xuventude e ganas de aventura xuntaronse para disfrutar de esta iniciación o Barranquismo nas fervenzas e pozas de Touron

Bo tempo , xuventude e ganas de aventura xuntaronse para disfrutar de esta iniciación o Barranquismo nas fervenzas e pozas de Touron
Na fin de semana do 18/19 de setembro faremos, por fin, o noso campamento montañeiro. Este ano iremos ao P.N. das Fragas do Eume, máis concretamente na zona de Monfero, alí utilizaremos parte das instalacións de Eumenatura.
O programa que temos preparado é como segue: comezaremos o sábado pola mañá cun sendeiro duns 12 km, no que coñeceremos algunhas zonas moi fermosas apartadas dos sendeiros máis “turísticos”. Debemos levar a comida porque seguramente xantaremos polo camiño. Xa pola tarde faremos xogos e actividades na pista das instalacións de Eumenatura.
O domingo pola mañá temos preparada unha bonita ruta de kaiak polo encoro do Eume, onde aproveitaremos para darnos un refrescante chapuzón.
O próximo 17 de xullo iremos ao sistema da Trapa en Ribadelouro. Este sistema é o maior rio de bloques de granito de Europa. Aquí deixamos toda a información sobre a actividade e curiosidades sobre o sistema.
Ligazón ao PDF
Luns 17 maio de 2021
Este ano o campamento infantil-xuvenil da Federación Galega de Espeleoloxía foi organizado polo Club Alpino Ouresán.
Os nosos pequenos espeleólogos: Antón, Brais, Xoel e Artai desfrutaron da exploración das covas de Silverto e Zorra situadas na aldea de Covas en Ourense, fronteira natural entre Galicia e León.
Video de Sergio
Aquí temos algunhas fotos da Cova do Rei Centolo e da Mina Consuelo dos días 24 e 25 do mes pasado:
XUVENIL
Este mes imos facer unha actividade de espeleoloxía pensada para os rapaces en idade xuvenil para así ir consolidando este excelente grupo, ademais de ir recuperando todo tipo de actividades para eles.
Como é habitual, para ir a unha cova hai que mandar toda a documentación con moita antelación, sobre todo nesta gruta, pois por motivos da covid-19 se é moi estrito cos permisos e número de participantes polo que nada máis ler a circular, chamade ao club e se vos dará toda a información. Nas actividades de espeleoloxía terán preferencia todos os socios que teñan licenza de espéleo.
Tamén estamos a traballar nas próximas actividades de marcha nocturna (ten que acabar o toque de queda), campamento de espéleo inf-xuv, barranquismo, etc.
A Comunidade de Madrid foi a primeira queretomou as competicións neste ano 2021. Sen público, e respectando todos os protocolos COVID, a Federación Madrileña de Montaña realizou un gran esforzo para organizar a Copa de Bloque de Madrid.
O rocódromo Roc30 da capital madrileña acolleu a segunda proba desta Copa o pasado 14 de marzo. Máis de 80 participantes acudiron a esta proba que, en quendas dun máximo de 14 persoas e durante una hora e media, tentaron resolver os bloques nos menores intentos posibles. Foi unha xornada moi rifada e emocionante onde todos os deportistas puideron escalar de maneira segura e moi concentrados.
Dende Galicia achegáronse 5 deportistas do equipo de tecnificación de escalada, e entre eles a nosa socia Natalia Vale, de 14 anos, que competiu en categoría feminina Sub-16 acadando o segundo posto. Esta socia, que ven de acadar recentemente o seu primeiro 7c en Picoña, promete dar moitas alegrías e triunfos para o noso club.
¡Parabéns a Natalia! e oxalá que tamén en Galicia poidamos ir retomando a normalidade pouco a pouco…
Xa que as condicións sanitarias e as restriccións actuais nos dan un pequeno respiro, imos facer a primeira actividade do ano, xuntando na misma xornada escalada e surf.
É unha xornada pensada para os rapaces en idade xuvenil, de 11 anos a 99, tendo preferencia os menores de 18 anos. Só é necesario ter certa experiencia en escalada e saber nadar.
A escalada será pola mañá, en Monteferro, e cando remate iremos ata a praia de Patos para ter a noso primeiro contacto co mundo do surf. Para esta actividade non é necesario ter experiencia pois a faremos cunha escola de surf e eles pondrán todo o material e monitores necesarios.
A lista abrirase o luns 22 e pecha o xoves 25; as prazas, por motivos obvios, serán limitadas.
Temos toda a información no club.
Xa que non podemos saír en grupos numerosos nin celebrar a Reconquista, ¡Imos escalar e surfear!
¿QUÉ É O IYCK?
No ano 2021 os espeleólogos de todo o planeta celebran o Ano Internacional das Covas e do Carst (IYCK), unha iniciativa promovida pola Unión Internacional de Espeleoloxía (UIS) que comenzou a súa andaina a finais de 2018 cunha idea moi clara: Canto mais coñecemos, mais podemos protexer e conservar.
O Ano Internacional das Covas e do Carst é un proxecto mundial para ensinar a todos sobre os recursos naturais que existen nas covas e que son de importancia crítica. Por elo o IYCK-2021 e as súas actividades, teñen como eixo fundamental compartir e divulgar coñecemento sobre o mundo subterráneo. E cunha idea moi clara: búscase achegar o coñecemento e a experiencia das covas ao público alleo ao mundo da espeleoloxía. E isto abrande aos estudantes e investigadores, ao público xeral, aos turistas espeleolóxicos (turismo deportivo, turismo aventura e turismo científico) … E tamén, por canto das súas actuacións depende a protección, aos políticos e xestores do territorio.
AS COVAS E A SÚA IMPORTANCIA
Existen tres grupos principais de covas: As cársticas, desenvoltas por disolución das calías ou dolomías; as paracársticas desenvoltas por disolución de cuarcitas, xeso ou de sal; e as pseudocársticas que acolle a todas aquelas covas que non se desenvolveron por disolución: Isto abrande dende as areiscas ate as rochas magmáticas (volcánicas e plutónicas).
As calías e dolomías dan lugar ás maiores covas que se coñecen. Por destacar dúas: Mammoth Cave System en USA con 663 km de cova e a Sima Veryovkina en Georgia que acada os 2.212 m de profundidade.
Podedes consultar os récords de desenvolvemento e profundidade das covas do Mundo aquí: http://www.caverbob.com/
E si mirades no apartado adicado a “World Longest Talus, Conglomerate & Other Types”, seica algúns vos levades a sorpresa de descubrir que en Galicia temos algunhas das covas en granitos máis grandes do Mundo.
En Galicia abundan os granitos, e as calías apenas acadan o 2% da superficie da nosa comuniade.
Estímase que o carst cobre ao redor do 20% da superficie terrestre do Mundo, ao tempo que aporta auga para aproximadamente ao 10% da poboación mundial. Logo preservar as covas, e preservas as fontes e a auga para moita xente.
As covas:
¿QUÉ IMOS FACER OS ESPELEÓLOGOS GALEGOS DURANTE O IYCK?
Dentro do colectivo espeleolóxico galego, tan só a Federación Galega de Espeleoloxía e o Club de Espeleoloxía A Trapa asinaron como partners (colaboradores) coa UIS en prol de promover o IYCK-2021.
Polo de agora as actividades que se están a desenvolver céntranse en “compartir coñecemento”.
Por exemplo a Federación Galega de Espeleoloxía apostou entroutros por dous grandes proxectos: O desenvolvemento do Atlas Dixital Galego de Covas e Canons, que será un atlas dinámico baseado nun XeoServer e que será unha boa ferramenta para os espeleólogos, os investigadores, pero tamén para os xestores do territorio por canto poderán previr impactos nas covas (obras públicas), afeccións patrimoniais, xestión de áreas protexidas, .. E mesmo para rescates ou emerxencias. E o desenvolvemento do Espeleoparque da comarca da Mariña, no norte da provincia de Lugo: A idea é aproveitar que existen covas cársticas, paracársticas, pseudocársticas e covas de consecencia nunha mesma área, para promover unha visión diferente, enriquecida, e cientifico-deportiva da espeleoloxía.
E dende o C. E. A Trapa estan a desenvolver dous programas abertos de actividades que podedes seguir na súa web (http://cetra.es/iyck.html) e no seu Facebook (https://www.facebook.com/CETRA-106881691266922): Por unha banda estan a sacar unha serie de video-presentacións curtas agrupadas baixo dous títulos: “Non é o mesmo imaxinar que vivir» e “En calquer rocha … en calquer lugar”. En todas elas integramos animacións das covas e fotografías, para amosar todos os valores e recursos relacionados coa xeodiversidade, biodiversidade e patrimonio cultural que existen nas covas. E por outra fixeron unha campaña en centros educativos para achegarmos e presentar aos estudantes o que son as covas e a súa importancia. Sobre todo pensando que hai moitas cousas que os nosos rapaces non coñecen, que os seus libros non contan, e que nembargantes están presentes nas covas galegas… É algo que poden contar os infantiles e xuveniles de C.M. Trevinca e CETRA xa que nalgunhas actividades puideron ver nas covas dende fósiles de crinoideos, ate rabuñazos de osos cavernarios, …
¿QUÉ ESTAMOS A «ARGALLAR» ENTRE C.M. TREVINCA E CETRA APROVEITANDO O IYCK?
As actividades conxuntas que temos desenvolto os últimos anos sairon moi ben: O campamento Infantil-Xuvenil de Espeleoloxía do 2019 rompeu récord de participantes (máis de 63 deportistas). Tamén os nosos cativos (que xa non o son tanto) participaron con moito interés nas saídas máis técnicas ao Courel (sima de A Tara), ou ao Castelo da Furna (Sima de A Furna), ou cando fixemos a travesía polo curso subterráneo do Sistema de A Trapa (Ribadelouro); tamén na xornada de TPV de 2019, ou no Campamento Xuvenil de 2020 (Serra da Enciña da Lastra) centrado en topografía subterránea.
E iste ano a aposta é seguir facendo cousas xuntos.
E as actividades (covas e roteiros) queremos centralas no Espeleoparque de A Mariña, retomando o proxecto da IIIª Semana da Espeleoloxía de C.M. Trevinca que estivemos a organizar en 2020.
Escollimos o espeleoparque porque nos ofrece cinco recursos naturais moi interesantes:
No mesmo concello tamen hai varias covas máis que se poden visitar cos infantiles como A Capela, Arcos-Zorros, Pozo Caldeiro, Lobos, Cova de Arcos o da Meiga, … Ou o roteiro turístico da cova de Rei Cintolo.
Iso si: Hai que agardar que poidamos desenvolver actividades, inda que sexa en grupos reducidos, ao igoal que fixemos no último campamento Infantil/Xuvenil de Espeleoloxía.
E lembrade: “Non é o mesmo imaxinar que vivir… ¿Non queres participar?”