Aquis Querquennis




Cun tempo mais propio do verán que do mes de Abril, a sección infantil dispúxose a desfrutar da Semana Santa na veciña Asturias pero para que a viaxe non se facera moi longa para as crianzas, comezamos o xoves 14 por coñecer a famosa Lagoa de Cospeito… sendo un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península, na que tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso soamente agrícola.
Sempre que é posible intentamos que has visitas destes lugares sexan guiadas, tal e como así foi. Dunha maneira moi amena puidemos dar conta de avefrías, asubiadores, lavancos, cercetas, patos e anfibios tales como ras, tritóns ou pintegas e tamen vexetación de ribeira coma carballos e bidueiros.
Una vez chegados o campamento base situado no concello de Santa Eulalia de Oscos, comprendimos que o lema “Asturias Paraíso Natural” é por algo. En verdade non pode ser doutro xeito. Estabamos nunha reservas da biosfera: Trátase do río Eo, Oscos e Terras de Burón. Declarada como tal pola UNESCO no 2007 converteuse na primeira comunidade cualificada con esta consideración fora da rede de espazos naturais protexidos. Estes territorios están destinados a promover o o desenvolvemento sostible baseado no traballo das comunidades locais e o coñecemento científico.
Así, o venres 15 puidemos visitar a casa natal de Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos, e coñecer a súa apaixónante historia e camiñar polas carballeiras que nos acompañan ata a espectacular fervenza da Seimieira con 30 mts. de altura ¡¡¡¡.
O Sábado 16 foi un dia longo pero moi ben aproveitado así que fomos visitar o famoso conxunto etnográfico dos Teixois; o seu muiño, un batan, e unha fragua todos eles en perfecto funcionamento. Todos istes aparellos fixeron a delicia de peques e de maiores tamén.
Unha vez rematada esta visita, percorrimos o sendeiro da Auga e dado o calor que facía, en verdade que o agradecemos. O dia rematou visitando os muíños de Mazonovo, no que os cativos fixeron de muiñeiros practicando con todos eles e dado o seu ben facer, obtiveron un diploma de muiñeiro.
O domingo 17, sen moita presa, recollimos todo e marchamos para o concello de Outeiro de Rei. Alí co pai Miño como testemuña, percorrimos unha parte das chamadas Insuas do Miño que son pequenas illas orixinadas polos sedimentos que o río Miño non é capaz de arrastrar debido a que o terreo é moi cha. Isto orixina que eses sedimentos queden depositados nas ribeiras formando aluvións. Ano tras ano, os sedimentos van medrando e chegan a formar verdadeiras barreiras naturais para o río que ten que buscar camiño formando distintos brazos. O terreo que emerxe entre eses brazos é o que forma as Insuas que son un espazo natural protexido de alto valor medioambiental e forman parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Todas as fotos aquí
Preto de Vigo, temos o marabilloso parque nacional de Peneda Geres, o único que ten o pais veciño.
O seu centro de interpretación serviunos para informarnos con todo detalle.
A pesares da choiva, desfrutamos dos sendeiros que percorren o parque
Cando os peques van xuntos, miles de historias e fantasías inundan a súas conversas
Ola a todas/os… como xa sabedes pola circular, o domingo 13 de Febreiro iamos facer unha ruta polo concello de Covelo para coñecer o foxo de lobos ali existente… pero un imprevisto de última hora obríganos a deixalo para un pouquiño mais adiante.
No seu lugar (o dia e o mesmo) faremos un sendeiro circular de 8 kmts aprox polo rio Xesta no concello de A Lama. Trátase do sendeiro PR-G24 que acompaña o rio polos antigos camiños empedrados e as sendas de servizo das levadas de auga para os muiños…
Ademais coñeceremos a espectacular fervenza de Liñares.
Non faltedes ¡¡¡
Coma sempre levaremos a comida/bebida con nos. A lista ábrese o venres 4 de Febreiro.
Non vos despistedes e chamade o clube para anotarvos.
986 42 05 51
Aproveitando o bo tempo saimos visitar o pais irmao.
As vistas dende o mirador do Cervo son incribles.
A randeeira fixo as delicias de grandes e pequenos.
Que mellor que un paso polo monte baixo o sol
Boas a todas e todos, aproveitando que vai bo tempo, este domingo 30 de xaneiro imos facer unha saída extra ao país veciño.
Queremos ir ata Vilanova de Cerveira e facer unha ruta circular de 10 Km que nos levará ata o famoso Cervo que domina a vila portuguesa.
Tamén gozaremos dunha bonita randeeira que fará as delicias de maiores e pequenos.
Para máis información chamade o club
986 42 05 51
Na fin de semana do 18/19 de setembro faremos, por fin, o noso campamento montañeiro. Este ano iremos ao P.N. das Fragas do Eume, máis concretamente na zona de Monfero, alí utilizaremos parte das instalacións de Eumenatura.
O programa que temos preparado é como segue: comezaremos o sábado pola mañá cun sendeiro duns 12 km, no que coñeceremos algunhas zonas moi fermosas apartadas dos sendeiros máis “turísticos”. Debemos levar a comida porque seguramente xantaremos polo camiño. Xa pola tarde faremos xogos e actividades na pista das instalacións de Eumenatura.
O domingo pola mañá temos preparada unha bonita ruta de kaiak polo encoro do Eume, onde aproveitaremos para darnos un refrescante chapuzón.