Actividades Actividades Sociais-Culturais
ENCONTRO COS VETERANOS DOS ANOS SETENTA
Quedábanos unha espiniña cun acto por realizar desde celebración do 75º Aniversario que, por todo o que pasou nos anos 2020-2022 non puidemos levar adiante. Pois tiñamos pensado xa entón reunir a aqueles montañeiros do club que nos anos setenta marcaron unha excelente etapa deportiva na nosa entidade.
Primeira ascensión galega pola Oeste do Urriellu (Naranjo de Bulnes) e grandes actividades nos Alpes; Dent du Géant, Grandes Jorasses, Aiguille de Gûter, Mont Blanc e outras. .
E tamén no Atlas Marroquí; Couluar de Tiskim, Macizo de Biguenoussine, Diente del Tadat, onde realizaron vías de primeira nacional.
Houbo algún máis daqueles mozos que non puidemos ver non club este pasado venres día 17, pero estamos moi satisfeitos, e eles tamén, de xuntarnos e comentar dúas películas recuperadas de gravacións en “super 8” da escalada no Urriellu, ano 73, e nos Alpes no 74 .
Connosco estiveron Tito, Carlos Marcuño, Ñete, Antonio Cancelo, Raúl Lamarca, Freixeiro, Moncho Davila, Geni, Antonio Fariña, de quen deixaron moi claro que foi ou o seu “pai e guía” en todas as súas aventuras e o grande impulsor das mesmas, cas “broncas necesarias” polo medio, e Paco Martínez. Os podedes ver nunha imaxe do grupo acompañados de Carlos Garrido e Lois Faro.
Entrañable xuntanza, cincuenta anos despois, destes homes que, en palabras de Geni, a única muller presente, a montaña marcou ás súas vidas e o transcorrer das mesmas, mentres a amizade daqueles anos está moi viva, como puidemos comprobar. Moitas grazas por compartila connosco.
FOTOS Y TEXTO DE CARLOS GARRIDO
Podedes ver algunhas imaxes AQUÍ
ASEMBLEA ORDINARIA E CEA HOMENAXE AO SOCIO
O venres 3 de marzo tivemos asemblea ordinaria onde asistiron 35 socios. Aprobáronse as contas por unanimidade. Fixose un resumo das actividades do ano 2022 para posteriormente pasar a rogos e preguntas. Asamblea onde o bo ambiente foi o protagonista.
O sábado no Hotel Coia como cada ano celebramos a Cea Homenaxe ao socio. Este ano cumpriron 25 anos de socio Rogelio Otero, Mercedes Román, Nacho Pequeño, Mª Teresa Alonso e Tomás Campo.
Nesta ocasión tamén tiverón un pequeño agasallo e o noso agradecemento polo seu labor o club os exdirectivos Alfredo Fernández, Telmo Costas, Requejo, Grova e o expresidente Carlos Garrido.
Agradecer a Nacho Pequeño e Carlos Garrido polas fotos de estas duas actividades sociais.
Todas as fotos aquí
BELEN DE CUMES E MARCHA DO PAVO
Derradeira actividade do ano para celebrar unha das marchas tradicionais do club. Como o ano anterior celebrouse conxuntamente os adultos e os máis cativos.
Nesta ocasión estamos na comarca de Paradanta e máis concretamente no concello de Crecente. A ruta comeza nunha pequena capela para coller un sendeiro marcado que nos leva o Mirador Coto da Cruz onde deixamos o Belén feito pola sección infantil.
Despois de cantar unhas panxoliñas e recuperar forzas tomando polvoróns e un pouco de viño doce iniciamos os adultos en parellas a ruta da marcho do pavo que despois de pasar dous controis remata no concello de Crecente. Os pequenos neste caso fan unha ruta distinta e máis corta. Os buses nos levan o sitio da comida no restaurante “O Palancas” onde tomamos un bo cocido.
Despois dunha larga sobremesa anunciase os gañadores do pavo que nesta ocasión e a parella formada por Natacha Castillo e Beatriz Rey. A pava como sempre en sorteo entre todos os participantes tócalle o noso compañeiro Juan Vale. Unha actividade social antes da festas de nadal onde o bo ambiente, alegría e cante foron os protagonistas da xornada.
OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA FEMINISTA «LER PARA ESCRIBIRMOS»
Imparte:Sara Guerrero
Xoves, do 6 outubro a 1 decembro 2022
de 18:30 a 20:00
Biblioteca Pública «Juan Compañel» | R/ Joaquín Yañez 6, 2º – 36202 Vigo
Tlf. 986 436 441
Horario: luns e venres de 10:30 a 13:30 – martes a xoves de 16:30 a 20:30

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Que diriamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria?. Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inviolable do noso pobo, e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é mais que unha obra de arte. É a matriz inagotable de Obras de Arte.”
Castelao, Sempre en Galiza.
Este 17 de Maio, día da nosa lingua, está adicado a Florencio Delgado Gurriarán (Corgomo-Valdeorras 1903. California 1987).
Florencio foi avogado, poeta, membro do partido galeguista, exiliado e táboa de salvación de moitos refuxiados do franquismo en México e aliado compañeiro de Castelao. Home vital, humilde e sen pretensións, que viviu cincuenta anos fora da súa Valdeorras natal.
Como outros anos o club quere ser portavoz tamén desta Homenaxe. E máis cando en Valdeorras atopase en boa parte a orixe do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e cando Florencio viña sendo curmá do fundador do noso club o doutor Gonzalo Gurriarán.
Deixámosvos aquí dous enlaces para coñecer mellor a vida e obra do Homenaxeado neste 2022 no día das Letras Galegas Florencio Delgado Gurriarán.
https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran/biografia
https://www.youtube.com/watch?v=4YkwChe8cYY
Precisamente o vindeiro día 27 deste mes de Maio, Ricardo Gurriarán, historiador e mentor incansable nos últimos meses da obra de Florencio, e fillo de Gonzalo, recibirá unha Homenaxe como Socio de Honra do noso club no acto da presentación do libro “A Creación do Club Peña Trevinca” acto ao que estades todos convidados.
I Congreso Mujer y Montaña que se celebrará en Santa Cruz de Tenerife
Ya está activa la página web del I Congreso Mujer y Montaña que se celebrará en Santa Cruz de Tenerife a final de mayo.
El I Congreso Mujer y Montaña busca visibilizar, reforzar y promover el papel de la mujer en los deportes de montaña, exponiendo las distintas realidades históricas e intergeneracionales de deportistas y profesionales, con el fin de impulsar su participación en el ámbito federativo en todos sus niveles.
Quienes conozcáis a alguien que esté implicado en investigación sobre estos temas, comentádselo.
Hay muchos trabajos en marcha sobre temas relacionados con la mujer y el deporte que podrían caber en la convocatoria del congreso.
También pasad la información a personas que lo puedan difundir en universidades o centros de investigación.
La inscripción en el congreso se abrirá próximamente.
La página web https://xn--congresomujerymontaa-m7b.com/
Programa de actividades do Centro de Documentación Feminista: abril- xullo 2022:
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa do programa de actividades que, durante o período de abril a xullo de 2022 se organizarán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (formato PRESENCIAL, 2º andar da Biblioteca Pública «Juan Compañel». r/Joaquin Yáñez,6).
Retomaremos actividades como: Club de lectura , Faladoiros, Laboratorio de lectura e escritura , etc.
Descargar programación completa AQUI
Proceso de inscrición:
- Club de Lectura é preciso cubrir a ficha de inscrición (DESCARGAR)
- Laboratorio de Lectura e Escritura é preciso cubrir a ficha de inscrición (DESCARGAR)
- Resto de actividades: acceso libre con aforo limitado
Máis información:
Para calquera información en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista o luns e venres, de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:00-20:30.
Teléfono: 986 436 441. Enderezo electrónico: centro.documentacion.feminista@vigo.org
Máis información en www.igualdadevigo.org
SENDEIRISMO CA UVIGO
No Club Pena Trevinca tivemos o pasado sábado día 19 unha nova colaboración ca UVigo. Neste caso foi dar apoio a unha actividade sendeirista a un colectivo formado por xovenes universitarios que forman parte do grupo de ERASMUS dá facultade de Ciencias do Mar.
Un percorrido entre o campus e a zona Zamáns, camiñando a carón do encoro e dos muíños nunha mañá solleira, fixo que preto de 30 rapaces de nacionalidades tan distintas como España, México, Brasil, Perú, Romanía, Bulgaria, Alemaña, Italia, Austria, e quizais esquezamos algunha, desfrutaramos desta paisaxe tan nosa.
Quedan AQUÍ algunhas imaxes para lembrar.
I Congreso Mujer y Montaña
Ya está activa la página web de FEDME del I Congreso Mujer y Montaña que se celebrará en Santa Cruz de Tenerife a final de mayo.
I Congreso Mujer y Montaña busca visibilizar, reforzar y promover el papel de la mujer en los deportes de montaña, exponiendo las distintas realidades históricas e intergeneracionales de deportistas y profesionales, con el fin de impulsar su participación en el ámbito federativo en todos sus niveles.
Quienes conozcáis a alguien que esté implicado en investigación sobre estos temas, comentádselo.
Hay muchos trabajos en marcha sobre temas relacionados con la mujer y el deporte que podrían caber en la convocatoria del congreso.
Pasad la información a personas que lo puedan difundir en universidades o centros de investigación.
La inscripción en el congreso se abrirá próximamente.
MAS INFORMACIÓN