Araceli Vale fixose có primeiro posto no Campionato Galego de Dificultade de Escalada en categoría Absoluta celebrado en Lugo este sábado. ¡Queremos desexarte unha enorme noraboa! A nosa socia con tan só 16 anos, desbancou a todos no campionato de categoría Absoluta.
Cando se xunta a forza da xuventude coa ilusión e o apoio familiar e do entorno o éxito está case asegurado. E así aconteceu o pasado sábado 24 de outubro no rochódromo de Lugo cun novo éxito desta moza deportista.
Con tan so 16 anos superou a competidoras de máis idade e experiencia grazas ao seu esforzo e sobre todo a súa constancia que, como pasa noutras modalidades deportivas, é imprescindible si se quere manter un nivel competitivo axeitado.
Resumo no seguinte vídeo da TV de Lugo
O éxito de Araceli, socia do club xunto ca toda a súa familia dende hai sete anos, ven sendo tamén o éxito de todas as persoas que a rodean e apoian neste obxectivo, e entre elas está o seu preparador e técnico da EGAM José Juan Domínguez.
A escalada, para aqueles que non estades moi metidos na materia, é xa unha modalidade olímpica e tiveramos disfrutado dela de non ser polas circunstancias actuais. O club, levado tamén pola ilusión de estas socias, Estela Miles, Campiona sub -16 no 2019 en Ourense, Araceli Campiona 2019-2020 e Natalia Vale que lle anda ás costas a súa irmá, está a facer o posible para facilitar o labor e poñer os medios para facer realidade os seus soños. (As tres saben o que é representar a Galicia en competicións nacionais).
Con esta idea, a pesares das dificultades, neste mes de outubro botamos a andar de novo as xornadas de escalada no rochódromo da UVigo ata o mes maio, onde 50 persoas adestran ao longo da semana e das cales 12 están en idade inf-xuvenil.
Felicitamos pois a nosa Campiona Araceli Vale desexando sobre todo que sexa feliz e aproveitamos para dar a nosa noraboa a todos e a todas que lle axudan a facer posible esta realidade. O noso agradecemento, como non, aos responsables de deportes da Uvigo, o noso terreo de xogo, que nos facilitan moitísimo o traballo e son uns colaboradores excelentes, ¡Moitas grazas!
Deixámosvos testemuñas de como recolleu a noticia a prensa estes días:
Tamén queremos agradecer a todos os participantes na competición por manter as medidas de seguridade e hixiene necesarias polo protocolo COVID-19. O espectáculo fíxose sen público e con todas as medidas precisas para que a seguridade fose o primeiro.
Todas as noticias e fotos ó detalle dos bloques da competición neste enlace