18-19 de setembro
Na fin de semana do 18/19 de setembro faremos, por fin, o noso campamento montañeiro. Este ano iremos ao P.N. das Fragas do Eume, máis concretamente na zona de Monfero, alí utilizaremos parte das instalacións de Eumenatura.
O programa que temos preparado é como segue: comezaremos o sábado pola mañá cun sendeiro duns 12 km, no que coñeceremos algunhas zonas moi fermosas apartadas dos sendeiros máis “turísticos”. Debemos levar a comida porque seguramente xantaremos polo camiño. Xa pola tarde faremos xogos e actividades na pista das instalacións de Eumenatura.
O domingo pola mañá temos preparada unha bonita ruta de kaiak polo encoro do Eume, onde aproveitaremos para darnos un refrescante chapuzón.
Abrimos a lista de inscrición o martes día 7
Saída ás 8:30 horas do sábado 18 en bus dende a Praza de España en Vigo.
Durmiremos en tendas de campaña (cada familia levará a sua) ou ben se alguén quere vivaquear tamén pode ser. Polo tanto é indispensable, colchoneta/esterilla, saco de durmir e dende logo frontal ou lanterna.
As comidas do sábado e do domingo cada familia levará a súa. A cea do domingo será comunitaria polo tanto todos aportaremos algunha cousa para compartir entre todos. (empanadas, polo, tortillas, embutido, etc etc.)
Nota: Alí NON hai onde comprar nada.
O Almorzo corre pola conta do club (leite con colacao, madalenas, galletas… etc)
Cada persoa levará o seu material que precise (prato, cubertos e vaso)
O domingo de mañá, ata a hora de comer, faremos unha ruta en kayak polo embalse, por tanto non olvidedes as chanclas, o bañador e a toalla.
APUNTÁDEVOS CANTO ANTES PARA FACER PREVISIÓN.