Actividades dos Infantís, Actividades Montañismo e Sendeirismo, Notas Informativas

CAMISETAS TÉCNICAS CO LOGO DO CLUB

Os socios que queiran renovar o vestiario ou que non teñan a camiseta co logo do club, xa poden pasar polo local ou chamar en horario de 19:30 a 21:30 horas, de martes a venres, para reservala. 


As camisetas de manga longa son unisex con tallas S, M, L, XL, XXL e as cores son branco, negro, laranxa, vermello e azul royal. O prezo son 12.


Nas de manga curta hai modelos para home e muller. As tallas son S, M, L, XL, XXL. As cores para home son branco, negro, vermello, azul royal, verde, laranxa. Para as mulleres as mesmas tallas e as cores branco, negro, vermello, rosa, verde, laranxa e azul royal. O prezo da camiseta de manga curta é de 10€.

Tamen hai tallas entre 4 e 16 anos.

Os prezos poden variar según a cantidade de camisetas pedidas. 

¡Tedes de prazo todo o mes de marzo para reservala!

Regresar a la lista