Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís, Actividades Montañismo e Sendeirismo, Actividades Sociais-Culturais

Belén de Cumes e Marcha do Pavo (16 de decembro)

Nesta edición imos quedar moi preto de Vigo para celebrar este tradicional acto de colocar un belén no cume. E imos facelo no querido, pero moi maltratado, monte Galiñeiro. Será como una especie de acto exculpatorioou de desagravio por todas as ameazas que o perseguen, sendo como é un espazo que moitos vigueses e xentes da contorna disfrutan constantemente, motivo polo cal aínda máis, debemos telo presente tanto para reivindicalo como para gozar del.

Para a colocación do belén iremos acompañados dos máis novos do club. Con eles faremos un tramo entre a base do Galiñeiro e o Arruídos, tamén coñecido como Loma del Zorro. Alí, infantís, xuvenís e adultos colocaremos o belén e cantaremos unhas panxoliñas; a continuación, iniciaremos dous percorridos distintos para xuntármonos de novo máis tarde, diante do tradicional cocido. Os peques irán cara á parroquia de Zamáns e os demais iniciarán dende ese punto a Marcha de Regulariedade, co fin de levar a casa un fermoso pavo.

Cada minuto sairá una parella, descendendo ata chegar ao cruce de pistas, desde onde subiremos o Botella. Pouco máis adiante, na Cova da Becha, teremos o segundo control. A continuación, de a pouco, camiñaremos polo GR-53 e GR58, pasando moi preto do Coto  Mediodía, e tras cruzar o lugar de Casal de Abaixo chegaremos ao Parque Forestal de Zamáns, terceiro control. Xa pasado o núcleo urbano, chegaremos aos muiños de Zamáns, bordearemos parte do encoro ata o muíño de Maquías e dende alí nos encamiñaremos, tras 14 km, ata o final da etapa na Pasaxe, na porta mesmo do restaurante onde celebraremos o terceiro, e moi importante, acto do día. Haberá sorteo da “pavita” e algunha cousiña máis para poñer remate ás actividades deportivas do ano.

ADULTOS: O domingo o bus sae as 8.30h da praza de España

INF-XUV: O domingo as 9h dende o Concheiro

NON FALTEDES A ESTA TRADICIONAL ACTIVIDADE