Actividades Escalada, Actividades Montañismo e Sendeirismo, Actividades Sociais-Culturais, Retobandeira, Trevinca75anos

BANDEIRA VIAXEIRA #5

Nesta ocasión o cumio acadado foi o emblemático Naranjo de Bulnes ou o ben chamado “Picu Urriellu” cos seus 2.519m. 


Este cumio poderíase dicir que é un dos máis inaccesibles de todo o macizo de Picos de Europa; e de seguro das cimas máis simbólicas da escalada clásica de toda España. 

Os socios Mario Cuervo e Cristina Conde xunto co non socio Jose Juan Domínguez acadaron ata tres veces a cima! 

José Juan Domínguez, Mario Cuervo e Cristina Conde. 
O único modo de acceder o seu cumio é escalando polas súas icónicas vías de escalada de autoprotección.  Na primeira ocasión ascenderon pola vía “Cepeda” situada na cara Este. 
O segundo día treparon pola vía “Schulze” situada na cara Norte da parede.

Cristina Conde e Mario Cuervo.

E o derradeiro día ascenderon pola vía “Directa de los Martinez” que atópase na súa cara Sur. 

Mario Cuervo e Cristina Conde.


¡Noraboa a todos vos por continuar có reto da bandeira  viaxeira!

#Reto da bandeira# Lembrade que no club tendes novas bandeiras dispoñibles para que podades levar os cumios que fagades neste verán. ¡Non dubides en pedila! 
Cumio do Picu Urriellu 2.519m.
A idea é que todos xuntos conquistemos os teitos mais significativos o longo deste 2019 no que o clube cumpre 75 anos. Ao rematar o ano veremos que socios subiron máis metros coa bandeira trevinca.