Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís

¡¡¡ATENTOS!!! INFORMACIÓN SOBRE CAMPAMENTO SAN BERNARDO (Sanabria, 26,27 y 28 Junio)

Indicacións sobre a actividade:

**Saída Venres 26: en coches particulares dende o «CONCHEIRO» (Avda. Madrid) ás 17,30hun primeiro grupo, con Daniel, e ás 18,30h un segundo grupo con Suso. MÁXIMA PUNTUALIDADE.

**Pernoctas no Albergue de San Martín de Castañeda en réxime de pensión completa. Vos entregarán unha bolsa con comida para o sábado e outra o domingo. As ceas serán ás 21h. (Aqueles que viaxen en outro horario deberán ter en conta o horario da cea).
Non é necesario levar saco de durmir.

Programa:

SABADO 27:

Infantís: Tras o almorzo iniciarán unha ruta ata a “Laguna de los Peces”. Ás 16,30h aprox. baixarán ata o albergue para posteriormente desprazarse cos coches ata o Lago de Sanabria.
Xuvenís: ás 10,00h estarán preparados para desprazarse ata a “Laguna de los Peces” onde iniciaran a Marcha con Vivac co grupo dos maiores. É necesario levar saco, esterilla, tenda ou funda de vivac. Tamén levar o necesario para comer e cear o sábado e o almorzo do domingo.

DOMINGO 28:

Infantís: Maña de actividade libre, podendo desprazarse a zona de baño en Ribadelago Viejo, onde ás 14,30h aprox. xantaremos todos xuntos co grupo que ven de facer o vivac.
Xuvenís: Ás 7,30h levantaremos o vivac para desprazarnos polo Cañón do Tera ata Ribadelago Viejo. (Ter previsto deixar algo de comer nesta zona)

16,00h: Entrega de Trofeos e agasallos:Todos os participantes deberán estar presentes neste acto.
Clausura do Campamento.