Actividades Montañismo e Sendeirismo

¡¡¡ATENCIÓN!!! SAÍDA “EXPRES” ESTA FINDE

¡Por fin chegou!…. Aínda que non hai demasiada neve esta finde faremos unha saída “Expres”, quere dicir QUE A MONTAMOS XA, de un día para outro, avisando a aqueles que nos contestastes á info que saiu na circular de xaneiro.
A idea é sair este VENRES 24 en coches particulares  para pasar a noite en Torrebarrio, ou ben aparecer o sábado ás 09,00h en Torebarrio. O refuxio da FGM xa está completo, utilizaremos “El Rebezu”.
Obrigatorio crampóns, piolet e recomendable o casco. A noite do sábado pasarémola no monte, logo, é preciso levar tendas e todo o necesario para a actividade.
Únicamente poden participar aqueles que ESTANDO FEDERADOS teñan feito o curso de montaña invernal ou demostrado a boa utilización do material. Necesario estar en boa forma física. Absterse quen non estea seguro de camiñar por neve e cargado durante dous días.
 
PERMANECEDE ATENTOS AO BLOG