Actividades Montañismo e Sendeirismo, Fotos

ARRIBES DO DOURO 29,30 e 1 maio

 

Tres días polos Arribes en terras salmantinas e zamoranas. Unha actividade preparada polo noso vogal de montaña Miguel A. Siesto. Nesta actividade participaron 50 socios, 43 sendeiristas e 7 socios que levaron as súas bicicletas de montaña e apareceron pola súa conta no albergue un día antes. Estivemos aloxados no albergue La Noria no pobo de Aldeadávila de la Ribera, un albergue grande onde estivemos moi comodos e ben atendidos. Dar as grazas a súa xerente Yolanda pola amabilidade e pola súa atención.

Día 29 de abril: despois de facer unha pequena parada para tomar café chegamos sobre as 12:30 horas o pobo de Villadepera para facer unha ruta circular duns 17 quilómetros con parada en varios miradores onde se podía contemplar o río Douro e unha cantidade importante de voitres.

   

Día 30 de abril: a ruta máis esixente destos tres días. Saímos desde o mesmo albergue camiñando para acercarnos o primer mirador do día chamado o Picón de Marieta. Baixamos hacia o río Douro para continuar moi pegados a beira do río durante un par de quilómetros e volver a subir con moita pendente e moito calor dirección o segundo mirador. Unha ruta moi complicada polo calor e polo terreno. No mirador de Rupurupay tiñamos a primeira posibilidade de escapatoria para volver o albergue e a mitade dos 43 que saímos decidiron volver. Os que seguimos baixo bastante calor e humidade nos diriximos o mirador de Rupitin onde había outra posibilidade de acortar a ruta e volver a Aldeadávila. Outo grupiño tomou esta decisión polo que só 11 valentes dos 43 que empezaron fixeron o resto do camiño ata o final no mirador do Fraile e facer 26 quilómetros.

 

Día 1 de maio: ruta lineal de 15 quilómetros desde Travanca na provincia de Salamanca e rematar no fermoso pobo zamorano de Fermoselle. Chegamos o final xusto para comer polo que deu tempo a coñecer o pobo antes de partir dirección Vigo.

  

Agradecer os vogais Manolo Panxón e Jose Antonio pola colaboración nas rutas e a todos os que viñeron pola paciencia e bo ambiente vivido.

Máis fotos nas seguintes ligazóns

Dia 1

Dia 2

Dia3

 

Regresar a la lista