Actividades Montañismo e Sendeirismo, Novas do mundo

Amigo Félix…

Non podemos deixar pasar a xornada de hoxe sin ter unha sinxela lembranza  dunha figura destacada que sobresaíu como profundo defensor e amante incondicional da NATUREZA na España das décadas dos 60 e 70.
 
 
Na actividade que estamos a preparar  para o próximo mes de maio, «Montañismo e Irmandamento S.D.T» do 17 ao 20, pasaremos dous dos catro días facendo actividades pola terra nai de Félix Rodríguez de la Fuente, Poza de la Sal (Burgos), o que nos dará a oportunidade de coñecer as contornas naturais que fixeron xurdir o grande amor que este home sentía pola NATUREZA. Trataremos de completar as actividades con algunha visita cultural interesante.