Sección de Medioambiente

Agradecementos participación Día Mundial dos Océanos (08 de Xuño)

Desfrutamos da proxección do documental “A Mar do Fin do Mundo: Marcados para sobrevivir”. Un documental gravado nas nosas augas onde se expón a fermosura somerxida á vez que se amosa a gran labor científica que se fai para conservala.

    Con nós estivo Jose Irisarri, produtor do documental, quen se quedou ata o final e contestou as preguntas de todos nós. Sen dubida una contribución marabillosa, xa levábamos 40 minutos de debate a aínda quedaban preguntas no tinteiro. Foi xenial ter a unha persoa con máis de 4000 mergullos ás súas costas e xa 40 anos traballando no sector que nos contase anécdotas e destapase curiosidade sobre o mundo mariño.

Penso que todas e todos os que asistimos quedamos encantados coa proxección, dende descubrir como se fan mostraxes de seguimento de quenllas ata ver centolas recorrer centos de quilómetros cos seus enormes peiteados dignos da mellor alfombra vermella. A min ponme moi leda descubrir que existe este gran interese polo noso mar, por como se conserva e por saber que se pode ou debe facer para evitar o seu deterioro.

    Creo que tampouco quedou sen protagonismo Rena Ortega, quen nos amosou un gran abanico do seu traballo como ilustradora, principalmente baseado nos océanos. Vos deixo aquí a súa foto para que vaiades engadindo estas marabillosas obras á vosa lista.

Con iso non me queda máis que agradecer a estas dúas persoas, sen elas este evento non sería posible.

    Tamén quixera agradecer a Luis Álvarez, por facilitarnos de novo o sistema de son, a Faustino por prestarnos o auditorio dos PP. Capuchinos durante toda a xornada. Así como a Alfonso Mandado (UVIGO) e Nuria Rodríguez (Concelleira de Medioambiente-Concello de Vigo) polo seu apoio e colaboración para este acto.

E por último, aos 68 asistentes, que estiveron atentos e activos durante o acto! Espero que poidamos seguir compartindo momentos coma estes 😊

Cristina Fernández González, vogal de Medioambiente

**Tedes algunhas fotos aquí**