Actividades Sociais-Culturais, Novas do mundo

AGRADECEMENTOS “2ª ANDAINA SOLIDARIA POLO NEPAL”

Dende a Xunta Directiva queremos deixar constancia do noso agradecemento a todos os socios que participaron nesta Andaina Solidaria.
Foi un gran día para nós; pola boa participación, a perfecta recepción dos participantes, polo traballo dos que foron “marcando” o camiño nos infinitos cruces e como non pola recadación que, agardando aínda algúns ingresos, xa supera os 2000€, cantidade fantástica coa que comezamos esta “Expedición Humanitaria”.
Onte recibimos moitas felicitacións pola organización e aínda están chegando algunhas mais. Sería imposible facelo sen vós e con tal motivo este Agradecemento non o facemos agardar. A todos; os que viñéstedes, os que recadástedes “metros” para esta causa, os que nos botástedes unha man na organización MOTISIMAS GRAZAS.
Onte fixemos entre todos un “día de Club” e de verdade que é o mellor xeito de recoñecer e “satisfacer” aos directivos o esforzo que veñen realizando todo o ano.
Un día como o de onte empúxanos a continuar cara adiante polo Club e por todos vós.

Ata o mes de abril camiñaremos coa bandeiriña de oración do Nepal na nosa mochila.
Unha Aperta,
Carlos Garrido Costas
Presidente “Club Peña Trevinca, Montañeiros de Galicia”

ÁLBUM DE FOTOS