O sentido poema de Rosalía non tiña cabida na nosa actividade do pasado día 27 pola Peneda e Alto Vez en Portugal.
Os ríos baixaban a rebentar, as fontes botaban por fora e os regatos…como ían os regatos!!!
Xa estaba anunciado que, precedentes aparte por esta zona, había que ir preparados para pormos a remollo, e así foi desde o principio.
Saímos dende S. Bento do Cando no medio dunha poalleira a modo de “aperitivo”. De alí a pouco un traspés inoportuno cunha pedra esvaradiza deu co noso amigo Grova metido de cheo, do pescozo para abaixo, nun dos moitos regatos que atravesamos tras inestables equilibrios e pasos dificultosos que, salvo nesa ocasión, pasamos sen excesivas dificultades pero foron moitos, iso si, un tras outro ao longo do día.
Todo isto non foi impedimento para disfrutar moitísimo duns camiños fermosos, outrora importantes vías de comunicación na contorna do santuario da Peneda.
Pagará a pena que en algún momento que poidamos repetir este percorrido pois quedounos a todos unha sensación de ter pasado unha excelente xornada sendeirista, con auga, iso si, pero marabillosa. Se chove…deixa chovere.
Quedan máis etapas no Alto Vez que non deberamos perder así caian chuzos.
Máis fotos aqui