Actividades Montañismo e Sendeirismo

ACTIVIDADES E SENDAS NO CONFINAMENTO PERIMETRAL


Nestes momentos de incertidume, con datos e tendencias cambiantes na evolución da pandemia, dende o club, baseándonos no criterio de prudencia, tomamos a decisión de seguir sen programar actividades. En canto sexa posible e as circunstancias o aconsellen, retomarémolas. Permanecede  atentos as redes sociais e o blog.

Entre tanto, propoñémosvos algunhas alternativas para matar o mono… e as calorías.

  • Unha primeira opción, cercana a Vigo, pasaría por achegarnos ao concello de Vilaboa e disfrutar das diferentes rutas sinalizadas, varias con inicio nas salinas do Ulló. 

Máis información: http://www.vilaboa.org/rutas_cast.html

  • Unha segunda opción lévanos a Salvaterra de Miño onde poderemos elexir entre diversas rutas de variada quilometraxe.

Máis información: https://turismo.concellodesalvaterra.org/senderismo 

  • Por último, no concello de Silleda podemos visitar o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa. Distintas rutas permiten disfrutar do que a zona nos ofrece, varias delas circulares.

Máis información: https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/fervenza-do-toxa/