Actividades Montañismo e Sendeirismo, Fotos

ACTIVIDADE RÍO BARBANTIÑO 22 DE XANEIRO

 

Primeira actividade do ano e o protagonista foi a auga pero esta vez non pola choiva se non o río Barbantiño. Percorrido lineal de 18 quilómetros con saída desde o concello de Punxín.

 

Gran parte do percorrido o río Barbantiño foi o protagonista. Camiñamos polas beiras do río onde aínda se miraba as consecuencias das últimas crecidas polas intensas choivas destes días.

 

Pasamos por varios pazos e muiños, cruzamos a ponte romana de San Fins, disfrutamos en todo o seu esplendor da fermosa fervenza do Barbantiño o de O Cahón. 

   

 

Percorrido guiado por Jose Antonio e Manolo Panxón que rematamos  no concello de Amoeiro terra onde naceu o escritor Otero Pedrayo, socio de honra do noso club.

Fotos aquí