Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís

Actividade Infantís/ Xuvenís «Ruta do río Mao» (Domingo, 31 Maio)

Nesta ocasión achegarémonos á Ribeira Sacra para percorrer o espectacular canón do río Mao, afluente do Sil, no concello de Parada de Sil. O Mao nace nas abas da serra de San Mamede e no seu tramo final, antes de unirse ao Sil, encáixase entre paredes verticais polas cales discorre unha antiga levada que servía a unha central hidroeléctrica. Hoxe, esa estrutura está fóra de uso e sobre ela discorre gran parte do noso percorrido, o cal permite gozar dun panorama de gran beleza.

O tramo final da ruta lévase a cabo a través dun sistema de pasarelas en beiril (voladizo), o cal permite un percorrido único a través do bosque. Trátase, en difinitiva, dunha ruta de gran beleza e moi sinxela, para percorrer outro recanto da Galicia interior.

 
O MARTES DÍA 21 ÁBRESE A LISTA PARA APUNTARSE A ESTA ACTIVIDADE
 
¡¡¡¡ANIMÁDEVOS A DESCUBRIR ESTAS FERMOSAS PAISAXES!!!

Regresar a la lista