Actividades dos Infantís

Actividade Infantil: «Torrentes do Ulla e Castelo de Pambre» (Domingo, 12 de Febreiro)


¡¡XA ESTÁ ABERTA A LISTA!!


Retomamos os nosos percorridos polo interior da Galicia achegándonos de novo o Río Ulla, para coñecer un tramo espectacular coñecido como «los torrentes del Ulla», tres kilometros de fervenzas e saltos de auga nun entorno incomparabel e cheo de aventura.



Percorreremos tamén o río Pambre, afluente do Ulla, polo que se alza a espectacular fortaleza de Pambre recentemente restaurada e que tenemos ocasion de visitar.

Esta é unha ocasion única para percorrer paraxes sorprendentes do noso patrimonio natural e histórico.


¡¡¡NON DEIXES PASAR ESTA SAIDA!!!