Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís, Actividades Montañismo e Sendeirismo

ACTIVIDADE CON MOTIVO DO XEOLODÍA (Domingo, 3 de xuño)

XA VOS PODEDES APUNTAR!!!

Xa sabedes que esta actividade aparecía no calendario do mes de maio. Días antes os organizadores da mesma comunicaron que, por condicións de capacidade e seguridade, veíanse na obriga de reducir o número de participantes. Ofrecéronnos una nova data (o domingo 3 de xuño) só para o noso club.
 
Aínda que inicialmente estaba como actividade dos infantís e xuvenís insistimos en que PODE ASISTIR TODO O QUE ESTEA INTERESADO, e por elo vos animamos a que participedes.
 
A actividade será guiada por Juan Ramón Vidal Romaní, Instituto Universitario de Xeoloxía «Isidro Parga Pondal», Universidade de A Coruña e Marcos Vaqueiro Rodríguez, Clube de Espeleoloxía  A Trapa (CETRA).

Se vos apetece podedes vir acompañados de NON SOCIOS, sempre que vos apuntedes antes do xoves 31 ás 20:30 h. 

MÁIS INFORMACIÓN CHAMANDO AO CLUB