Actividades dos Infantís, Actividades dos Xuvenís, Fotos

Actividade Castro de Troña- Castelo de Sobroso- Alto da picaraña

O pasado domingo 20 un grupiño da sección infantil achegámonos o xacemento arqueolóxico do castro de Troña no concello de Ponteareas con fin de iniciar unha andaina que nos levaría ata o alto da Picaraña, pasando antes polo castelo de Sobroso.

No citado castro percorrimos o seu perímetro cheo das vivendas que compoñían o poboado así como as murallas que defendían o asentamento. Para quentar motores os rapaces non pararon ata localizar a famosa pedra da serpe… aquel gravado ten certo alo de misterio que algúns estudosos relacionan cun culto solar.

De alí a un pouco continuamos camiñando uns quilómetros ata chegar o castelo de Sobroso onde tiñamos reservada unha visita guiada a cal ensinounos a función do  castelo tanto dende o punto de vista histórico como da súa reconstrución. Debido a intensa néboa reinante non puidemos desfrutar das fermosas vistas dende a torre…  unha mágoa.

   

Una vez rematada a visita paramos un ratiño a xantar para a continuación visitala senda botánica que rodea o castelo.  O noso compañeiro Raimundo fixo de guía improvisado amosándonos có seu bon facer unha morea de cousas.

Uns cantos ktms. mais tarde chegamos por fin o alto da Picaraña, onde nos esperaba o bus para devolvernos a Vigo.

Fotos aquí