Sin categoría

Actividad xuvenil «Macizo dos Mampodres» (29,30,31 de outubro e 1 de novembro)

¡¡¡¡XA ESTÁ ABERTA A LISTA PARA APUNTARSE!!!
Aproveitando que o luns 31 é día non lectivo, ímonos estos catro días a percorrer o macizo dos Mampodres. Tentaremos que sexa unha actividade moi completa, subindo ao maior número posible de cumes,  teremos piraguas no encoro de Boñar, iremos a explorar algunha cavidade e tamén poderemos practicar escalada. Como vedes non haberá tempo de aburrirse.
O noso campo base será en Sotillo de Sabero, no refuxio que ten neste lugar o club de espeleoloxía Aradelas.
Saíremos o sábado ás 15:00 horas dende Praza de España (Concheiro). Deste xeito  dámoslle tempo, a descansar e poder vir, aos mozos que  saían o venres á noite a festexar o Samaín.

*Hai que levar saco e esterilla.
*As ceas e os almorzos farémolos conxuntos.
*O refuxio é espectacular e moi económico.
*As prazas son limitadas e iremos en coches particulares.

¡¡¡XA SABEDES,  NON HAY  DESCULPA PARA DEIXAR DE VIR!!!

 

Regresar a la lista