Como todos os anos, o vindeiro domingo 17 imos celebrar a tradicional Festa do Nadal para disfrutar todos xuntos dunha xornada chea de diversión nun ambiente distinto ao que nos vemos ao longo do ano. Nesta ocasión a celebración terá lugar na vila de Mondariz, nun local social que nos deixan de balde, onde levaremos todos a nosa comida para poñela en común e compartila uns con outros, pero previamente faremos unha pequena ruta por ambas marxes do río Tea, augas arriba da vila de Mondariz, ao longo dun percorrido de 4 km que iniciaremos na antiga ponte medieval sobre o río Tea.
As 12:00 do mediodía levaremos a cabo a busca de papá Noel pola contorna da ponte e ao rematar iremos xa para o local social para preparar todo o relativo ao xantar de Nadal. Ao rematar o mesmo teremos unha sesión videofotográfica, cun repaso dos mellores momentos vividos nas rutas que fixemos este ano 2017 e un adianto das rutas e actividades previstas para o vindeiro 2018.
Animámosvos a todos a que participedes con nós desta entrañable xornada navideña!!!!
Non esquecer que cada neno leve un pequeno agasallo para facer un intercambio a modo de amigo invisible entre todos os rapaces.
HORA DE SAÍDA DENDE CONCHEIRO: 09:45 h.
Asemade, vos recordamos que este venres día 15 celebraremos a Festa de Nadal do Club, na sede da rúa Brasil, cun acto previo no local dos Capuchinos (rúa Vázquez Varela, 15) a partir das 20:15 horas. Aínda queda lotería por vender.
ACHEGARVOS…É A FESTA DE TODOS!!!