Actividades Actividades Sociais-Culturais, Actividades Montañismo e Sendeirismo

Ábrese lista Magosto

Hoxe ábrese a lista para anotarse o «Magosto» que este ano terá lugar en  Parada de Sil os días 16 e 17 de novembro. Esta lista estará aberta ata o xoves día 14.

Camiñaremos os dous días sábado e domingo, pero tamén tocará gozar da noite cunha festa a base de empanada, chourizos, castañas  e bo viño do país.

Ademais, esta noite de magosto teremos unha gran sorpresa que ninguén espera; algo nunca visto no club ante o que ninguén quedará indiferente, estamos seguros… Despois seguiremos con sorpresas que incluso nos permitirán bailar e cantar todos xuntos.