Actividades Montañismo e Sendeirismo

A SENDA DAS ESTRELAS (Etapa II)

 


Monte Pindo-Caldebarcos-Paia de Carnota

26 e 27 de xuño



Xa está aberta dende hoxe martes 8, a lista de inscricións para a segunda etapa da Senda das Estrelas.


Nesta etapa  comezaremos no monte O Pindo, dende o encoro do Ézaro.

Esta ruta interior ascende o rego Caldeiras, pasando polo castelo de Peñafiel e a cova da casa da Xoana. Unha vez baixemos da Moa ata aldea do Pindo “pola vía normal”, percorreremos toda a rasa da Costa Cabra, dende Quilmas ata Caldebarcos.

Nesta apracible aldea de Caldebarcos, entre casas de pedra, hórreos e barcas de madeira, ancorou a súa vida, hai máis de trinta anos, a artesá ceramista Charo Pereiro. No noso recordo sempre, in memoriam; as súas coleccións de peixes de cores son o mellor tributo a esta salvaxe costa de Carnota.

Praia de Carnota (Turgalicia)


O domingo volverá o protagonismo para Caldebarcos. Preto de alí arranca a “Ruta dos muíños” do rego de Amil- Valdebois, que faremos circular, para continuar logo pola eterna praia de Carnota, 7 km inacabables de area finísima en perfecta forma de media lúa, que na baixamar chega a ter ata 1 km de anchura. É un mundo natural noutra dimensión. 

Remataremos a ruta na sonora vila mariñeira de Lira, cansos, satisfeitos, derrotados con tanta beleza.

 

 Non volo podedes perder!!!!

A lista pecha o mércoles 23 xuño.

Máis información chamando ao club