Actividades dos Infantís, Fotos

Ponte de maio en Torrebarrio

Esta finde longa do 1º de Maio apostamos pola zona de Babia en León, mais concretamente no pobo de Torrebarrio, onde a FGM ten un coqueto o refuxio no que fixemos base 21 persoas.

Sábado 29

Para o primeiro día e despois de 4 horas de coche, pensamos que un sendeiro de 11 kmts. con pouco desnivel seria mais que suficiente para quentar as pernas. Saimos dende Torre de Babia, por un fermoso camiño que nos leva ata unha cunca de auga cristalina e de orixe glacial chamada Lagoa das Verdes. Situada a uns 1750 mts. de altura, recolle as augas dos desxeos das cumes cercanas, sobre todo do impresionante Mortihuero (2187 mts)… a parte das paisaxes impresionantes, atopamos uns cantos fósiles.

       

 

Domingo 30

O Domingo estaba reservado para que os mais pequenos coñeceran as Ubiñas ou polo menos a antesala destes cumios. Estamos a falar do famoso Collado Rozón… Despois de dúas horas camiñando paseniño pero sen pausa chegamos a esta fermosa atalaia onde estivemos tomando uns petiscos e deleitándonos coas vistas. De alí a un pouco parte de grupo decidiu baixar a Torrebario e o outro atrevímonos co Peña Cerreos (2.111 mts). Nora boa a todos ¡¡¡¡

  

Luns 1

O derradeiro día, despois de recoller e limpar o refuxio, tomamos os coches e fomos ata o alto da Farrapona. Alí, no aparcadoiro existente, e cun fermoso soliño de testemuña, escomezamos un sendeiro circular duns 10 kmts. que permitiunos desfrutar dos famosos lagos de Saliencia dentro do parque Natural de Somiedo. Estes son Lago del Valle, Lago Cerviz, Lago de la Cueva e Lago Calabazosa, sendo este último o mais profundo de Asturias. As 16:00 horas voltamos os coches e marchamos para Vigo. De seguro que voltaremos… alí quedounos un montón de cousas por ver.

     

Máis fotos nesta ligazón