SENDA DAS ESTRELAS – ETAPA VI e FINAL

23 e 24 setembro

 

Aínda quedan prazas para anotarse a esta saída. Animarvos.

 

Os que van durmir en Negreira (Grupo B), en habitación ou albergue, NON precisan levar saco, só roupa de baño. Para cear e almorzar teñen negocios dabondo en Negreira.

 

Os que van durmir de vivaque en Ponte Maceira (Grupo A), teñen que levar tenda de campaña, saco de durmir, esterilla, así como as cousas para asar: pan, chourizos, touciño, viño, postre, café, ou o que lle apeteza a cada un. Os que queiran do Grupo B poden sumarse a esta cea campestre.

 

Como adianto de ese memorable momento da acampada BBQ, aquí tedes una foto do lugar onde imos montar a farra.

A esquerda vedes ao dono da finca, o noso amigo “Yack”. Como bo irlandés, luce pantalón curto, sen camiseta, e con chapeu para cubrir o súa melena roxa (o xogo coa barba). Xa ten todo preparado para o evento.

A dereita, podedes observar que a grella de facer os chourizos é de altura variable.

Xornadas de Escalada UVIGO 2023-2024

Como xa adiantamos na circular deste mes, este ano ofertamos clases de escalada tanto nas instalacións da Uvigo coma no rocódromo de Quirós.

Tedes toda a información de requisitos e horarios no arquivo adxunto.

A inscrición nas xornadas de escalada da universidade estará aberta dende o día 8 ás 9:00h ata o día 15 ás 23:59h (aumentamos un día as inscricións debido a un problema informático na data de comezo) a través do seguinte enlace:

Inscripción Xornadas de Escalada UVIGO 2023-2024

ESPELEOLOXÍA PARA TODOS

         IV SEMANA DA ESPELEOLOXÍA

RÍOS E LAGOS SUBTERRÁNEOS DO COUREL

Este martes día 5 abrimos a lista para participar nesta actividade de espeleoloxia, que terá lugar na serra do Courel os días 30 de setembro e 1 de outubro. Onde exploraremos covas con curso de auga aptas para todos, e outras onde será necesario  progresar con cordas .  A pernocta será no camping de Seoane do Courel, sendo posible durmir en bungaló ou acampar, e con cea e almorzo incluidos. Para participar, coa licencia de montaña é suficiente.

É moi importante anotarse o mais axiña posible por ser unha actividade con límite de prazas, ademais,  temos que tramitar o permiso coa Rede Natura para poder facer a actividade.

Buraca das choias ,Ceza, Forcadiña ,Longo de Meu, Pena Paleira e Tara da Trega  son algunhas das covas que poderemos visitar e disfrutar, con ríos, lagos e espectaculares formacións.

A PARTIR DESTE MARTES INFORMACIÓN NO CLUB

     986 420 551 / 660 693 535

Disfrutade do seguinte vídeo da cova de Forcadiña, e próximamente subiremos mais doutras covas.