HOMENAXE ÁNGEL GÓMEZ SÁBADO 27 E 28 DE MAIO

 

No mes de febreiro deixounos o noso socio e ex vogal de sendeirismo Ángel Gómez cando era presidente Pedro Outón. Este sábado 27 de maio o socio que queira unirse a este homenaxe ten a oportunidade achegándose as 12 do mediodía o Cortelliño en Baiona onde plantaremos un carballo e con compañeiros da cruz vermella e amigos diremos unas palabras  para lembralo. O que queira ir e non teña transporte para acercarse pode chamar o club esta semana e anotarse.

O domingo varios socios irán o Monte Pindo que tanto lle gustaba a Angel. A saída é ás 08:00 horas da Praza de España para regresar a Vigo sobre as 17:00 horas. Vaise en coche así que todo socio que queira ir pode chamar ao club para anotarse.