O pasado Domingo 23 de Abril, fomos realizar un taller mariñeiro cultural a bordo do derradeiro barco de vapor que continua activo no país. Estamos a falar do HIDRIA II, un buque singular pois traballou de alxibe subministrando auga de manancial os buques que así o solicitaban e, tamén histórico, pois foi construído nos ano 1963 e capaz de transportar ata 240 tn de auga.

 

No ano 1994 coa quebra da empresa, Alxibes de Vigo, foi abandonado en punta lagoa xunto con outro barco irmán xa desaparecido. En 1997 medio afundido e a piques de ser desgaxado, foi salvado in extremis por Jacobo Costas e Sesé Otero. Gracias a eles, hoxe en día podemos desfrutar dun fermoso navío que debería contar cun grado de protección igual que calquera conxunto etnográfico que salpica a nosa terra. Desgraciadamente está en venda e moi probablemente marchará fora das nosas rias.

                

 

Coma podedes ver nas fotos, os mais pequenos o pasaron bomba coñecendo a sala de máquinas, a ponte de mando cos seus artefactos, e a bodega onde cargaba a auga, convertida agora nun bonito espacio lúdico-cultural onde fixemos un taller de pesca, identificando as distintas especies comerciais, as tallas minimas…etc.

       

Máis fotos aquí