Actividade Saída Babía 17 e 18 xuño


Terceira etapa do Alto Vez entre Lindoso e Mezio de aproximadamente 19 km con sol e unha temperatura boa para camiñar.
Antes de iniciar a ruta e despois de tomar un café demos unha volta polo Castelo e os hórreos, espigueiros en portugués de Lindoso.
O inicio en baixada lévanos a presa de Lindoso para cruzala e seguir o noso camiño dirección o fermoso pobo de Soajo onde nos coincide a hora da comida. Repartímonos entre os espigueiros e outras zonas do pobo buscando sombra.
Recorrido polas rúas do pobo para continuar a nosa ruta e coller o GR que nos leva a Mezio, 7 km onde nos espera o bus e tempo para repoñer forzas antes de partir a Vigo. Un bo domingo con unha ruta levada polos noso vogais Jose Antonio e Manolo Panxón.
Como todos sabedes, o club ten a tres novos deportistas competindo a nivel nacional nas distintas modalidades de escalada, Araceli Vale, Natalia Vale e Santiago Franco. Estes deportistas seguen acumulando éxitos na súa carreira deportiva.
En abril, Araceli foi nomeada mellor deportista promesa na Gala do Deporte do Concello de Vigo pola Federación Galega de Montañismo e en maio tivo a honra de participar xunto coa selección española de escalada na II Proba da Copa de Europa de velocidade que se celebrou do 12 ao 14 de maio en Fuente Dé (val do Liébana, Cantabria), na que a selección española conseguiu 4 medallas na modalidade de velocidade e 1 medalla en bloque, finais retransmitidas en directo por Teledeporte. O tempo non acompañou aos escaladores, pero aínda baixo a choiva nunha contorna inigualable Araceli conseguiu facer a súa mellor marca persoal ocupando finalmente o posto 14. Desta forma converteuse na primeira muller da Federación Galega de Montañismo que representa a España nunha proba internacional oficial da IFSC (International Federation of Sport Climbing).
Natalia e Santiago, pola súa banda, participaron na II proba da Copa de España de bloque que se celebrou no bosque de aceiro de Cuenca o 20 e 21 de maio. Natalia conseguiu pasar ás finais na categoría sub 18, terminando no 7º posto e Santiago, que compite xa na categoría absoluta ao eliminarse a sub-20, conseguiu un loitado posto 18, mellorando o posto 27 acadado na primeira proba. Ambos deportistas foron os galegos mellor clasificados nas súas respectivas categorías. E como isto non para, xa están a preparar a seguinte proba da Copa de España que se celebrará do 2 ao 4 de xuño en Madrid.
Desde o club desexamos que o seu exemplo chegue ao grupo de infantís e xuvenís que adestran semanalmente nas instalacións do club e do CUVI e pronto teñamos unha substitución para eles.
Moitas felicidades aos tres e moita sorte nas próximas competicións.
Deixamos a continuación os enlaces ás noticias e algunhas fotos e vídeos das distintas probas.
https://www.farodevigo.es/deportes/2023/04/20/vigo-honra-deportistas-86233602.html
https://www.farodevigo.es/deportes/2023/04/11/vigo-presume-futuro-85849175.html
https://fedme.es/oro-en-casa-carla-martinez-se-impone-en-el-muro-de-fuente-de/
No mes de febreiro deixounos o noso socio e ex vogal de sendeirismo Ángel Gómez cando era presidente Pedro Outón. Este sábado 27 de maio o socio que queira unirse a este homenaxe ten a oportunidade achegándose as 12 do mediodía o Cortelliño en Baiona onde plantaremos un carballo e con compañeiros da cruz vermella e amigos diremos unas palabras para lembralo. O que queira ir e non teña transporte para acercarse pode chamar o club esta semana e anotarse.
O domingo varios socios irán o Monte Pindo que tanto lle gustaba a Angel. A saída é ás 08:00 horas da Praza de España para regresar a Vigo sobre as 17:00 horas. Vaise en coche así que todo socio que queira ir pode chamar ao club para anotarse.
Amplíase o prazo para pedir a camiseta do club ata o venres 26 de maio. Hai modelo muller e home. Chamar ao club para reservala.
SAÍDA SÁBADO 20 DE MAIO AS 07:00 HORAS.
NON HAI QUE LEVAR SACO DE DURMIR.
Estupenda fin de semana nos Arribes do Douro. O sábado percorremos mais de 45 km arredor de Aldeadávila da Ribera, principalmente por cómodas pistas de terra, entre devesas e muros de pedra, visitamos os murais de Zarza de Pumareda e o miradoiro do tío Paco.
O domingo, a ruta mais dura, con mais de 800 metros de desnivel, por sendeiros mais irregulares e pedregosos, levounos ao Pozo dos fumes e ao miradoiro do “Fraile”.
Xa no luns, trasladámonos a Fermoselle e practicamos pola senda dos Arrieros, con algunha pequena dificultade técnica e desfrutamos do seu espectacular meandro do Douro, dos olores e dos campos da lavanda silvestre.
Esta finde longa do 1º de Maio apostamos pola zona de Babia en León, mais concretamente no pobo de Torrebarrio, onde a FGM ten un coqueto o refuxio no que fixemos base 21 persoas.
Sábado 29
Para o primeiro día e despois de 4 horas de coche, pensamos que un sendeiro de 11 kmts. con pouco desnivel seria mais que suficiente para quentar as pernas. Saimos dende Torre de Babia, por un fermoso camiño que nos leva ata unha cunca de auga cristalina e de orixe glacial chamada Lagoa das Verdes. Situada a uns 1750 mts. de altura, recolle as augas dos desxeos das cumes cercanas, sobre todo do impresionante Mortihuero (2187 mts)… a parte das paisaxes impresionantes, atopamos uns cantos fósiles.
Domingo 30
O Domingo estaba reservado para que os mais pequenos coñeceran as Ubiñas ou polo menos a antesala destes cumios. Estamos a falar do famoso Collado Rozón… Despois de dúas horas camiñando paseniño pero sen pausa chegamos a esta fermosa atalaia onde estivemos tomando uns petiscos e deleitándonos coas vistas. De alí a un pouco parte de grupo decidiu baixar a Torrebario e o outro atrevímonos co Peña Cerreos (2.111 mts). Nora boa a todos ¡¡¡¡
Luns 1
O derradeiro día, despois de recoller e limpar o refuxio, tomamos os coches e fomos ata o alto da Farrapona. Alí, no aparcadoiro existente, e cun fermoso soliño de testemuña, escomezamos un sendeiro circular duns 10 kmts. que permitiunos desfrutar dos famosos lagos de Saliencia dentro do parque Natural de Somiedo. Estes son Lago del Valle, Lago Cerviz, Lago de la Cueva e Lago Calabazosa, sendo este último o mais profundo de Asturias. As 16:00 horas voltamos os coches e marchamos para Vigo. De seguro que voltaremos… alí quedounos un montón de cousas por ver.
Máis fotos nesta ligazón
Tres días polos Arribes en terras salmantinas e zamoranas. Unha actividade preparada polo noso vogal de montaña Miguel A. Siesto. Nesta actividade participaron 50 socios, 43 sendeiristas e 7 socios que levaron as súas bicicletas de montaña e apareceron pola súa conta no albergue un día antes. Estivemos aloxados no albergue La Noria no pobo de Aldeadávila de la Ribera, un albergue grande onde estivemos moi comodos e ben atendidos. Dar as grazas a súa xerente Yolanda pola amabilidade e pola súa atención.
Día 29 de abril: despois de facer unha pequena parada para tomar café chegamos sobre as 12:30 horas o pobo de Villadepera para facer unha ruta circular duns 17 quilómetros con parada en varios miradores onde se podía contemplar o río Douro e unha cantidade importante de voitres.
Día 30 de abril: a ruta máis esixente destos tres días. Saímos desde o mesmo albergue camiñando para acercarnos o primer mirador do día chamado o Picón de Marieta. Baixamos hacia o río Douro para continuar moi pegados a beira do río durante un par de quilómetros e volver a subir con moita pendente e moito calor dirección o segundo mirador. Unha ruta moi complicada polo calor e polo terreno. No mirador de Rupurupay tiñamos a primeira posibilidade de escapatoria para volver o albergue e a mitade dos 43 que saímos decidiron volver. Os que seguimos baixo bastante calor e humidade nos diriximos o mirador de Rupitin onde había outra posibilidade de acortar a ruta e volver a Aldeadávila. Outo grupiño tomou esta decisión polo que só 11 valentes dos 43 que empezaron fixeron o resto do camiño ata o final no mirador do Fraile e facer 26 quilómetros.
Día 1 de maio: ruta lineal de 15 quilómetros desde Travanca na provincia de Salamanca e rematar no fermoso pobo zamorano de Fermoselle. Chegamos o final xusto para comer polo que deu tempo a coñecer o pobo antes de partir dirección Vigo.
Agradecer os vogais Manolo Panxón e Jose Antonio pola colaboración nas rutas e a todos os que viñeron pola paciencia e bo ambiente vivido.
Máis fotos nas seguintes ligazóns