AVISO ACTIVIDADE ARRIBES DO DOURO (29, 30 e 1 maio)
SAÍDA AS 07:00HORAS DA PRAZA DE ESPAÑA.
MOCHILA DE ATAQUE PREPARADA.
NON SE NECESITA SACO DE DURMIR
SAÍDA AS 07:00HORAS DA PRAZA DE ESPAÑA.
MOCHILA DE ATAQUE PREPARADA.
NON SE NECESITA SACO DE DURMIR
Por segundo ano consecutivo podemos dicir que pasamos una Semana Santa fantástica. Todo saiu a pedir de boca, o lugar, as excursións, o aloxamento … e por suposto o magnifico grupo que acudiu a nosa convocatoria.
Xoves 6. (O Teixedelo)
Comezou a S. Santa madrugando e saíndo as 8:00 hrs. cara a Alta Sanabria, concretamente o municipio de Lubián. Alí unha vez tomada a saida 102 da A52, dirixímonos o pobo de Hermisende. A escasos 2 kmts. atopamos un parking onde deixamos os coches e comezamos a percorrer unha fermosa senda de apenas 6 kmts que nos leva ata o Teixedelo, fermosísimo bosque de Carballos, helechos, uces e por suposto teixos, algúns deles de considerable porte.
Venres 7. (Cascada de sotillo e Lagoa de Sotillo)
Para esta xornada tiñamos preparada a ruta mais forte e sen dúbida a mais fermosa. Saíndo do pobo de Sotillo, comezamos una sendeiro que levounos a fermosa cascada do mesmo nome. Logo tomar unhas fotos e tomar uns petiscos, continuamos subindo ata a Lagoa de Sotillo. Alí xantamos e non faltaron ganas de darnos un chapuzón pero en verdade que a auga estaba moi moi fría. Continuamos camiñando cunhas fermosas vistas e sobre as 18:00 horas estamos entrando de novo no pobo. En total 14 kmts. cuns 700 mts de desnivel… non esta nada mal, sabendo ademais que viñan con nos 2 rapaciñas de apenas 5 anos… Nora boa¡¡¡
Sábado 8. (lagoa dos peixes e de Cubillas)
O penúltimo día subimos ata a lagoa dos peixes para facer un sendeiro circular que comezaba en dita lagoa, pasando pola lagoa de Cubillas, continuando ata o refuxio de eguas. De alí a un pouco topámonos cun neveiro que fixo as delicias de pequenos e maiores. Decidimos comer nun mirador natural o pé do camiño… alí deleitámonos coas vistas da nosa fermosa cume de Trevinca así coma a súa irmá pequena Pena Negra, tamén Pena Surbia e outro dos mil; o Moncalvo… Fixemos unha chea de fotos.
Unha vez rematada a Ruta, baixamos de novo o lagoa de Sanabria para darnos un merecido baño e tomar uns xeados os nenos e unhas cervexas os adultos. Un día redondo ¡¡¡
Domingo 9.
O derradeiro día fomos de excursión o centro do Lobo Ibérico – Félix Rdez. de la Fuente situado a 5 kmts. De Puebla de Sanabria. Ali atopamos unha magnífica instalación perfectamente equipada e enfocada a educación medioambiental se ben e certo que a estrela do recinto son un par de mandas de lobos en semi-liberdade.
Nunca viramos os nosos rapaces tan caladiños atendendo as explicacións das monitoras e vendo como lle botaba de comer os lobos. Rematamos a xornada comendo na praia fluvial de P. De Sanabria e regresando a Vigo cun enorme sorriso nos beizos. O ano que ven, mais e mellor.
Máis foto aquí
Unha vez máis desde o clube de montaña Peña Trevinca aproveitou a ponte de Semana Santa para realizar a saída de catro días e o destino elexido nesta ocasión foi a Serra de Guadarrama, con base na localidade do mesmo nome e onde o astro rei estivo presente tódolas xornadas.
Resaltar a estadía no hostal de Guadarrama, agradecer a colaboración dos directivos e compañeiros do clube na guía e axuda e o deseño das rutas por parte de Alex, que fixeron que estas catro xornadas fosen de moi bo recordo.
Xoves 6 de abril:
Despois de máis de seis horas de viaxe, desembarcamos na poboación segoviana de San Rafael e todo o grupo de trevincos e trevincas realizamos unha ruta rompepernas de 16 kilómetros con case 1000 metros de desnivel acumulado, ascendendo o pico Cueva Valiente a 1903 metros de altitude e o Cabeza Líjar, a 1823 metros. Un largo descenso entre pinares de repoboación levounos ata o final da ruta xunto o embalse de Jarosa.
Venres 7 de abril:
Divididos en dous grupos, o B realizou desde Puente de la Cantina un percorrido por bosques na parte segoviana de Guadarrama e ascendeu o pico La Camorca, a 1814 metros. O grupo A, partíu do porto de Cotos para alcanzar primeiro a Peña Citores e a continuación o teito de Madrid, o Peñalara, a 2428 metros, pasando despois polo quebrado Risco dos Claveles e as lagoas de Pájaros e Grande, rematando en Cotos e Puente de la Cantina.
Sábado 8 de abril:
En dous grupos, coñecimos o fermoso val da Barranca nun día de moita calor. O grupo B, percorreu entre piñeiros vermellos o oeste do val e acadando a Peña Horcón, con 1879 metros. O grupo A realizou a ascensión á Maliciosa con 2227 metros e 900 metros de desnivel, pasando polo Dinosaurio de Maliciosa, o Tubo de Todos e o Paso Cagalera. Ambos grupos remataron xunto ao Ventorrillo.
Domingo 9 de abril:
Na derradeira xornada aproveitou todo o grupo a mañá para realizar unha curta ruta de 10 kilómetros desde o porto de Navacerrada para camiñar polos Sete Picos, destacando o ascenso ao Somontano de 2138 metros, e voltar ao punto de inicio pola Senda Schmid.
Máis fotos aquí
Unha nutrida e ben disposta sección infantil comezamos a xornada coa charla habitual onde explicamos o desenrolo da actividade. Unha mañá de domingo de primavera que comezou fresca e rematou calorosa.
Comezada a andaina metémonos axiña nos bosques de carballos, moi abundantes na zona e nun estado de conservación excepcional, que nos fixeron desfrutar dunha natureza exuberante, acompañados toda xornada polo rebulir dos paxaros propio da estación.
A senda constaba de dous ambientes ben diferenciados, o dos bosques caducifolios de carballos e o dos bosques galería ripícola. Para elo alternamos no roteiro parte do camiño real que conducía as mercadorías dende o ribeiro ata as terras de picheleiros e pontevedreses e as sirgas de pescadores que serpentean a carón do río Viñao. Río tributario do Arenteiro que nace nos montes Testeiros e que foi maltratado nos seus días ao desviar o seu leito para facelo desembocar no embalse de Albarellos.
Percorrendo as terras dos Ulloa descubrimos como se artellaba o territorio co camiño real e as pontes de portádego. Un roteiro que nos seus sube e baixa fixeron ledicia en cativos e maiores.
Agardábanos no camiño unha sorpresa máis, as minas de arsénico e ouro de Brués; percorremos a fronte de explotación para descubrir as numerosas bocaminas que a compoñen.
Dende a cota máis alta do noso percorrido, dispuxémonos para o regreso ao punto de inicio completando este roteiro circular. A contorna deixounos a agradable sensación de querer descubrir máis desta zona.
Volveremos.
Máis fotos aquí
O pasado domingo 26 de Marzo con motivo do día internacional das árbores, a sección infantil do clube Pena Trevinca acercouse o monte de Piñoi no concello de Covelo para facer unha plantación duns 60 castiñeiros, a metade deles micorrizados… é dicir, que ademais de dar castañas están inoculados cun micelio de hongos micorrícicos produtores de setas comestibles boletus…etc.
Como podedes comprobar na reportaxe fotográfica o tempo acompañounos e desfrutamos dunha xornada distinta o que facemos habitualmente. Foi un pracer ver os nosos fillos como collían os plantóns e os metían nos buratos e logo cubrían todo con terra, lle puñan o protector, o titor… unha gozada.
Dicirvos tamén que a actividade realizada foi feita da man da asociación Covelo natural e nunha parcela propiedade da comunidade de montes de Santa Mariña, os cales achegaron árbores, ferramentas asi como as explicacións pertinentes para facer un bo traballo. Moitas gracias a Jose Manuel e Guillermo pola vosa axuda e o agarimo con que nos acóllechedes.
Prema aquí para ver todas as fotos
Ruta que comeza no museo etnográfico Casa do Patrón, no lugar de Codesedo, discurrindo o seu trazado a ambos márxenes do río Asneiro e o seu afluente Lebozán. O camino transcurre descubrindo constantemente o rico patrimonio desta zona principalmente agraria. Así encontramos camiños medievais, pontes, pontellas e muiños.
Destaca o muiño de Froiz pola súa factura e coidado do entorno. Os bosques de ribeira aportan frescura e disfrute xunto o río Asneiro. Destaca sobre o resto da foresta os enormes castiñeiros e carballos, sendo o carballo de Soutolongo un árbore catalogado por poseer a copa máis grande de Galicia.
Un ruta preparada polo noso vogal Jose Antonio, xenialmente guiada por Manolo Panxón e pechando o grupo para que non se despiste ningún socio o noso administrador de contas o tesoureiro Gustavo Bergantiño. Un domingo co bo tempo e rematando cunha visita o precioso museo etnogáfico.
Máis fotos aquí
Saída as 6:00 horas dende praza España
Non hai que levar saco de durmir
Non hai que levar crampóns e piolet
Mochila de ataque preparada
Dende a Vogalía de Medio Ambiente queremos agradecer profundamente a vosa participación no II Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático – Cidade de Vigo (IIMMCC). Moitos axudáchedes a difundir o evento e vos animáchedes a asistir aos actos de cada día. A vosa colaboración non ten prezo e é grazas a vós que esta iniciativa continúa adiante cara a unha terceira edición en marzo do 2024.
O público agardando o comezo do acto o día 21 de Marzo. Fotografía de Raimundo Alonso.
Gustaríame comunicarvos, ademais, que non só a organización quedou contenta senón que as tres poñentes, ao igual que os do ano pasado, marcharon encantadas coa gran participación e comunicación que houbo os tres días. Sen dúbida, algo estamos a facer ben, e así pensamos continuar.
O pasado martes 21, Silvia Vidal impresionounos coa súa proxección “Escalada en solitario en Alaska”. Quedamos abraiados coa súa expedición, cos encontronazos con osos, con carretar ás costas 150 kg, porteando vultos de 25kg once veces seguidas para facer un só tramo con todo o material; cos seus 17 días colgada na parede, vivindo e sobrevivindo á natureza e a ela mesma. Sen dúbida, un esforzo psicolóxico moi á altura, senón por riba, do esforzo físico que todo isto lle supón a unha persoa que non pesa máis de 45 Kg. Pero, a min, o que máis me abraiou foi o optimismo que Silvia desprende e que se deixa ver en cada unha das súas frases. Podo poñer varios exemplos expostos durante a súa charla:
I) E o hidroavión voltará á hora acordada no lugar acordado dentro de 53 días? Virá!
II) Levo 13 horas de actividade física intensa durante os últimos días para non atoparme con osos pero…ben!
III) O tempo durante a expedición non foi malo, tiven sorte! (a realidade era que a metade dos días tiña tempo malo ou regular… simplemente, alí era mellor que noutros lugares como a Patagonia).
Silvia Vidal e Carlos Garrido no coloquio posterior á proxección.
Ademais de ser Silvia un exemplo de autosuperación, o é tamen en principios persoais. Un detalle que amosa o seu amor pola natureza quedou de manifesto cando, xa ao baixar derrengada da parede e ter que volver enfrentarse ao medo aos osos, deixou atrás un petate con restos dos utensilios e comida que consumira pero regresou e fixo ese tramo de novo para cargar con todo o que levara de volta á casa! Sen dúbida, unha muller excepcional. Moitas grazas Silvia por ser unha fonte de afouteza e por deixarnos un pouso de Humanidade que nos chama a ser mellores persoas…
De esquerda a dereita: O presidente do Club Peña Trevinca, Lois Faro; a vogal de Medio Ambiente, Cristina Fernández, Silvia Vidal e o coordinador de Medio Ambiente, Carlos Garrido.
O mércores 23, proxectamos o documental “O son do Courel”. O propio autor, Manuel María, explicounos que a súa intención foi sempre deixar rexistro deses sons da natureza, que se escoitan nunha área tan rural, como parte da nosa cultura ambiental e social. O documental está gravado con moitísimo agarimo polo que vos recomendo que aproveitedes para botarlle unha ollada en Youtube. Ademais, foi rematado de gravarse xusto o día que comezaron os incendios de xullo do 2022 polo que representa un punto de inflexión e comparación de como era esa contorna a como está na actualidade. Así o amosamos, seguidamente, cunha curtametraxe de Emilio Romanos-Fotografía sobre eses mesmos incendios.
Manuel María presentando o seu documental “O son do Courel”.
Posteriormente, Jenifer Souto, ilustrounos en materia de incendios e lumes forestais no contexto de cambio climático na Galiza. Tivemos a sorte de contar cunha experta que amosou de maneira moi aséptica datos, datos da realidade, do que está a ocorrer, sen titulares sensacionalistas.
Jenifer amosounos como, a pesar de haber menos incendios cada vez, os que hai son máis grandes e máis virulentos. Son os chamados incendios de sexta xeración (tal e como comentabamos neste artigo sobre os incendios do Courel) cuxa predicción é imposible. Destacou que, de non mudar o abandono do rural e os monocultivos de especies forestais, unido ás grandes secas e ao conxunto de eventos extremos cada vez máis recurrentes, o que nos queda é adaptarnos. Facer bos plans de xestión e facelos vinculantes!
A sensación final foi agridoce, pero polo menos en materia de educación e sensibilización fomos unha chea de xente os que saímos do auditorio con ganas de axudar, divulgar e difundir. Moitísimas grazas, Jenifer, por transmitir o teu coñecemento.
Jenifer Souto a piques de comezar a súa ponencia.
Xa na xornada do xoves 23, María Fernanda Pita achegouse dende Sevilla para falarnos da emerxencia climática na que estamos inmersos. Baixo a pregunta de ¿Lo estamos haciendo bien? amosounos un montón de datos cunha soltura divulgativa digna de envexa. Aprendimos sobre un novo concepto para moitos de nós, a xustiza climática. Realmente estamos actuando como se debe? Temos/debemos actuar todos os países por igual? Poblacionalmente, sabemos como reducir a nosa pegada de carbono? A verdade foi que o debate final deu pé a discernir respostas a varios niveis, dende o individual ao global sen perder o fío do importante: isto é unha emerxencia e temos que actuar como tal, rápido, coordinados e cun fin conxunto.
María Fernanda explicando por qué estamos ante unha emerxencia climática.
Non houbo mellor exemplo do ben que podemos funcionar todos colaborando, cando cremos na mesma premisa, que a recente crise sanitaria da COVID-19. Así nolo trasmitiu María Fernanda e con esas ganas e ímpetu colaborativo quedamos. Moitísimas grazas, Mª Fernanda, por ilustrarnos tan ben en materia de cambio climático.
María Fernanda Pita e Delfina Couce (responsable da Oficina de Medio Ambiente da UVigo) durante o coloquio posterior á ponencia do día 23.
Non podo facer máis que agradecer a todos os que estivéchedes presentes durante as tres xornadas, a vosa colaboración en e os ánimos que nos trasmitíchedes durante todo o ciclo.
Tamén queremos dar as grazas a todas as entidades colaboradoras. Á Universidade de Vigo pola colaboración a través da súa oficina de Medio Ambiente e o Servizo de Benestar, Saúde e Deportes, a Delfina Couce e a Xabier Rial, respectivamente, e tamén á Xefa de Prensa da UVigo, Mª del Carmen Echevarría.
Agradecementos tamén, como non, para o alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero, e para Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente, posto que a súa colaboración foi indispensable para levar a cabo este acto, así coma a FEDME, a FGM e a todos os nosos patrocinadores.
E, por suposto, agradecer aos meus compañeiros do Comité de Medio Ambiente do Club Peña Trevinca estar sempre dispostos e con ganas, axudando e difundindo. Somos un gran equipo!
Vémonos o ano que vén!!!
Cristina Fernández, Vogal de Medio Ambiente.