ENCONTRO COS VETERANOS DOS ANOS SETENTA
Quedábanos unha espiniña cun acto por realizar desde celebración do 75º Aniversario que, por todo o que pasou nos anos 2020-2022 non puidemos levar adiante. Pois tiñamos pensado xa entón reunir a aqueles montañeiros do club que nos anos setenta marcaron unha excelente etapa deportiva na nosa entidade.
Primeira ascensión galega pola Oeste do Urriellu (Naranjo de Bulnes) e grandes actividades nos Alpes; Dent du Géant, Grandes Jorasses, Aiguille de Gûter, Mont Blanc e outras. .
E tamén no Atlas Marroquí; Couluar de Tiskim, Macizo de Biguenoussine, Diente del Tadat, onde realizaron vías de primeira nacional.
Houbo algún máis daqueles mozos que non puidemos ver non club este pasado venres día 17, pero estamos moi satisfeitos, e eles tamén, de xuntarnos e comentar dúas películas recuperadas de gravacións en “super 8” da escalada no Urriellu, ano 73, e nos Alpes no 74 .
Connosco estiveron Tito, Carlos Marcuño, Ñete, Antonio Cancelo, Raúl Lamarca, Freixeiro, Moncho Davila, Geni, Antonio Fariña, de quen deixaron moi claro que foi ou o seu “pai e guía” en todas as súas aventuras e o grande impulsor das mesmas, cas “broncas necesarias” polo medio, e Paco Martínez. Os podedes ver nunha imaxe do grupo acompañados de Carlos Garrido e Lois Faro.
Entrañable xuntanza, cincuenta anos despois, destes homes que, en palabras de Geni, a única muller presente, a montaña marcou ás súas vidas e o transcorrer das mesmas, mentres a amizade daqueles anos está moi viva, como puidemos comprobar. Moitas grazas por compartila connosco.
FOTOS Y TEXTO DE CARLOS GARRIDO
Podedes ver algunhas imaxes AQUÍ